RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente, se aproba o proxecto de execución e se declara de utilidade pública, en concreto, unha instalación eléctrica, nos termos municipais de Vimianzo e Muxía (expediente IN407A 2007/396-1).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións que a continuación se detallan:

Solicitante: Desarrollos Eólicos, S.A.

Domicilio social: rúa Amio, 114, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: LAT 66 kV subestación Vimianzo-subestación parque eólico de Muxía, de evacuación dos parques eólicos Muxía I e Muxía II.

Concellos afectados: Vimianzo e Muxía.

Características técnicas da instalación:

Liña de alta tensión en dobre circuíto (D/C) a 66 kV, cunha lonxitude total de 17.477, composta por:

• Treito soterrado, de 340 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1 36/66 kV 3 (1×630 mm2), coa orixe na subestación de Vimianzo, propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A. e remate no apoio nº 1 PA/S, que discorre polo concello de Vimianzo.

• Treito aéreo, de 17.137 metros de lonxitude, en apoios de celosía, en condutor tipo LARL 380 (GULL) e cable de terra OPGW2.48FO, con orixe no apoio nº 1 PA/S anterior e remate na futura subestación dos parques eólicos Muxía I (expediente IN661A 2004/2-1) e Muxía II (expediente IN661A 2007/9-1), que discorre polos concellos de Vimianzo e Muxía.

Resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 22 de agosto de 2007, Dionisio Fernández Aurey, en nome e representación da sociedade Desarrollos Eólicos, S.A. na súa calidade de conselleiro delegado, solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e la declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación LAT 66 kV dobre circuíto (D/C) subestación Vimianzo-subestación parque eólico de Muxía, de evacuación dos parques eólicos Muxía I (expediente IN661A 2005/9-1) e Muxía II (expediente IN661A 2007/2-1).

Segundo. Con data do 30 de maio de 2008 (Rexistro Xeral da Xunta de Galicia/Edificio Administrativo Monelos/A Coruña, do 4 de xuño de 2008, nº de entrada 134655), Desarrollos Eólicos, S.A. presenta unha modificación parcial da instalación LAT 66 kV dobre circuíto (D/C) subestación Vimianzo-subestación parque eólico de Muxía, no cal se documenta a modificación do emprazamento do apoio nº 47 coa finalidade de evitar afeccións a unha instalación preexistente (invernadoiro). Deste xeito, o citado apoio nº 47 verase desprazado uns 45 metros en dirección NE respecto da situación inicialmente proxectada e os apoios nº 46 e nº 48 convértense en apoios de ángulo en vez de apoios de aliñación como se recollía no proxecto orixinal. Para tal fin, achégase un proxecto técnico subscrito por Jorge Núñez Ares, enxeñeiro industrial, nº de colexiado 1102, con visado do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (delegación da Coruña) do 18 de xullo de 2008 e nº 2736/2008.

Terceiro. Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, no Real decreto 1131/1988, do 30 de setembro, polo que se aproba o regulamento de execución do Real decreto lexislativo 1302/1998, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, e as súas posteriores modificacións e no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, por Acordo do 16 de abril de 2009, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, o estudo de impacto ambiental e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación denominada LAT 66 kV dobre circuíto (D/C) subestación Vimianzo-subestación parque eólico de Muxía. En cumprimento dos trámites regulamentarios e para os efectos previstos na normativa citada anteriormente, foi publicado no Diario Oficial de Galicia nº 99, do 22 de maio de 2009 e no Boletín Oficial da provincia nº 108, do 14 de maio de 2009, así como nos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia, ambos do 19 de maio de 2009; igualmente, foi exposto ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos de Muxía e Vimianzo, tal e como se recolle nos certificados de exposición pública emitidos polo Concello de Muxía e polo Concello de Vimianzo con datas do 6 de xullo de 2009 e 18 de xaneiro de 2010, respectivamente.

Cuarto. Coa mesma data, en cumprimento do procedemento regulamentario, procedeuse ao traslado ás distintas administracións, organismos e, se for o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, da parte que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo (separatas), neste caso ao Concello de Muxía, Augas de Galicia, Ferroatlántica, Red Eléctrica de España, S.A.U., Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (Servizo de Estradas), Electra del Jallas, S.A., Energías Ambientales de Vimianzo, S.A. (EASA), Unión Fenosa Distribución, S.A., Telefónica de España, Xunta de Galicia (Camiño de Santiago-Dirección Xeral de Patrimonio Cultural) e Deputación da Coruña, coa finalidade de que manifestasen a súa conformidade ou oposición á autorización solicitada e emitisen o condicionado técnico ao proxecto. Recibiuse contestación de todos eles no prazo regulamentario, agás da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e da Deputación da Coruña e deuse traslado ao promotor, que aceptou os condicionados emitidos. Respecto deste trámite do procedemento, cómpre precisar o seguinte:

  1. No caso da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, esta puxo en coñecemento desta xefatura territorial que non emitiría informe sobre a liña en canto non o fixese sobre os parques eólicos a que daría servizo. Esta condición quedou cumprida ao terse pronunciado o citado organismo mediante un informe favorable á execución dos parques eólicos Muxía I e Muxía II, do 10 de decembro de 2010. Deste xeito, e de conformidade co anteriormente manifestado, con data do 27 de maio de 2011, procedeu a emitir informe sobre o proxecto de execución da LAT 66 kV dobre circuíto (D/C) subestación Vimianzo-subestación parque eólico de Muxía, cuxo ditame resultou favorable.

  2. No caso da Deputación da Coruña, ao non terse recibido resposta unha vez cumprido o prazo determinado nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (en diante Real decreto 1955/2000), considerouse como cumprido o trámite para a emisión do condicionado requirido ao considerarse, por omisión, a aceptación da execución da obra proposta pola sociedade Desarrollos Eólicos, S.A., de conformidade coa normativa antes citada.

  3. No caso do condicionado emitido por Red Eléctrica de España, S.A.U., Desarrollos Eólicos, S.A. presentou un escrito de reparos ao dito condicionado, o cal foi remitido a Red Eléctrica de España, S.A.U. que respondeu non ter ningunha obxección á execución da obra, resposta novamente trasladada ao promotor, que rematou aceptando o condicionado.

Quinto. Igualmente, con data do 16 de abril de 2009, procedeuse a notificar individualmente os propietarios dos bens ou dereitos afectados pola execución da instalación denominada LAT 66 kV dobre circuíto (D/C) subestación Vimianzo-subestación parque eólico de Muxía.

Sexto. Tamén na mesma data, de conformidade co disposto no Decreto 442/1990, polo que se regula a obriga de sometemento á avaliación do impacto ambiental dos proxectos públicos ou privados consistentes na realización de obras, instalacións ou calquera outra actividade cuxa realización e/ou autorización corresponda á Administración da Xunta de Galicia, foi remitido un exemplar do estudo de impacto ambiental a:

• Consellería do Medio Rural/Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

• Dirección Xeral de Saúde Pública.

• Dirección Xeral de Turismo.

• Dirección Xeral de Infraestruturas.

• Augas de Galicia e

• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, para que emitisen o pertinente informe.

Sétimo. Tamén foi remitida ao Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña unha copia do acordo de información pública, para a súa exposición pública. Con data do 29 de xuño de 2009 (Rexistro Único da Delegación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Edificio Administrativo Monelos/A Coruña, do 29 de xuño de 2009, nº de entrada 103019), achega certificación da exposición pública do proxecto de referencia do 29 de xuño de 2009.

Oitavo. Durante a fase...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR