Anuncio.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONCELLO DE VIGO
Rango de LeyAnuncio

Anúnciase a convocatoria que contén as bases xerais e específicas para cubrir prazas vacantes correspondentes á oferta de emprego público do ano 2005.

No uso das facultades que me confire o artigo 41.14º c) do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, procedo a convocar as probas selectivas para cubrir vacantes existentes no cadro de persoal municipal, as bases xerais e específicas aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesións do 27 de

marzo, 3 de abril e 4 e 11 de setembro de 2006, son as seguintes:

Bases xerais e específicas

  1. Persoal funcionario.

    1. Obxecto da convocatoria.

      É a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Vigo do ano 2005, incluídas na oferta de emprego público publicada no BOE do 15 de setembro de 2005, que son as seguintes:

      Técnico administración xeral5 prazas

      Administrativo de administración xeral21 prazas

      Auxiliar de administración xeral14 prazas

      Alguacís2 prazas

      Subalternos7 prazas

      Licenciado en dereito1 praza

      Enxeñeiro industrial1 praza

      Analista laboratorio1 praza

      Economista1 praza

      Arqueólogo1 praza

      Diplomado en traballo social7 prazas

      Delineante2 prazas

      Técnico auxiliar laboratorio1 praza

      Programador informática2 prazas

      Inspector auxiliar sanidade1 praza

      Inspector consumo1 praza

      Inspector auxiliar control concesionarias2 prazas

      Inspector policía local1 praza

      Sarxento policía local4 prazas

      Cabo policía local17 prazas

      Garda26 prazas

      Suboficial extinción incendios4 prazas

      Cabo extinción de incendios4 prazas

      Bombeiro4 prazas

      Condutor-bombeiro1 praza

    2. Natureza e características.

      En cada convocatoria específica indicaranse as prazas que se reservan para quendas distintas da libre.

    3. Publicidade das convocatorias.

      As convocatorias xunto coas súas bases publicaranse no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos da casa do concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio no BOE e na prensa local.

    4. Condicións xerais dos aspirantes.

      Para seren admitidos/as á realización das probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, ademais dos que establezan nas respectivas bases específicas para cada unha das prazas convocadas.

      1. Ser español/a.

        Os nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea poderán acceder en idénticas condicións que os españois a aqueles sectores da función pública a que, segundo o dereito comunitario, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

        As reservas a aspirantes de nacionalidade española deberán estar motivadas e estar relacionadas específica e directamente co exercicio do poder público e faranse constar expresamente en cada convocatoria específica.

      2. Ter cumpridos 18 anos de idade, segundo nova redacción dada ao artigo 135 do Real decreto lexislativo 781/1986, pola Lei 62/2003.

      3. Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas convocatorias ou estar en condicións de obtela, na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

        No caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

      4. Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con discapacidade en igualdade de condicións que os demais aspirantes, segundo o disposto na disposición adicional 19ª da Lei 30/1984, na redacción dada pola Lei 53/2003, do 10 de decembro.

        As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións físicas ou psíquicas agás que veñan establecidas por lei ou que sexan incompatibles co desenvolvemento das tarefas ou funcións correspondentes.

        Nesta oferta de emprego resérvase un 5% das vacantes para seren cubertas entre persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%. A opción a estas prazas reservadas haberá de formularse na solicitude de participación nas convocatorias, achegando declaración expresa dos interesados de que reúnen o grao de discapacidade requirido, acreditado mediante certificado expedido para o efecto polos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais ou, se é o caso, da comunidade autónoma. Na propia solicitude o interesado deberá reflectir as necesidades específicas que teña para acceder ao proceso selectivo en igualdade de condicións que o resto dos aspirantes. Igualmente, haberá de acreditarse mediante certificado expedido para o efecto polos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais ou, se é o caso, da comunidade autónoma, a compatibilidade do grao de discapacidade co posto de traballo ao que se solicita concorrer.

        En todo caso, para o desenvolvemento do proceso selectivo con plena garantía do dereito de acceso á función pública en condicións de igualdade, haberá que aterse ao disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, así como á normativa vixente en materia de función pública de concordante aplicación.

        Para resolver, os tribunais poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia.

      5. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, comunidade autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

      6. Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

      7. Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado na tesouraría municipal do concello ou xustificante de ter ingresado na conta de Caixanova nº 2080 0000 71 0040070137, as cantidades seguintes en concepto de dereitos de exame: para prazas do grupo A e B, 29,20 A, para as prazas dos grupos C, D e E, 16,35 A, no cal deberán facer constar a que praza corresponden.

      8. Calquera outro requisito que se fixe nas bases específicas de cada convocatoria.

        No caso de que se trate de funcionarios/as de carreira deste concello, a anterior documentación substituirase por orixinal ou copia compulsada do título exixido para o acceso á praza e certificado expedido de oficio, en que se faga constar que o interesado/a cumpre as condicións para participar, exixidas na convocatoria e, en todo caso, carta de pagamento dos dereitos de exame.

        Todos os requisitos anteriores deberán terse no momento de rematar o prazo de admisión de solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.

    5. Forma de presentación da documentación que hai que achegar para a fase de concurso.

      Cando o sistema de selección sexa o de concurso-oposición, os/as aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e, en todo caso antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo, a través de orixinal ou copia compulsada.

      Para a xustificación dos mérito o/a aspirante que deba achegar documentación procedente doutros organismos oficiais que non lla facilitasen antes da finalización do prazo de presentación de instancias, deberá achegar no devandito prazo a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel no que lle fose expedida. En todo caso, non procederá a súa valoración se non fose achegada antes da data de celebración da sesión de valoración do concurso.

      O tribunal poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para xustificar os méritos alegados, pero non pedir nova documentación para acreditar méritos só alegados.

      Como excepción, se o mérito que se alega é ter prestados servizos no Concello de Vigo, bastará con facelo constar en declaración xurada que se achegará xunto coa solicitude e na que figure a data ou datas de inicio e finalización dos servizos ao concello e o departamento, servizo ou unidade en que se prestaron. No caso contrario deberase achegar a corres

      pondente certificación dos servizos prestados por parte do aspirante.

    6. Presentación de solicitudes.

      As instancias dirixiranse á alcaldesa-presidenta do Concello de Vigo, e presentaranse no rexistro xeral no prazo dos 20 días naturais a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no BOE para persoal funcionario e anuncio da convocatoria no BOP, para persoal laboral de promoción interna. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do/da solicitante, co seu enderezo e a denominación da praza convocada a que opta, achegando unha copia autenticada do DNI e xustificación do pagamento dos dereitos de exame.

      No departamento de información facilitaranse modelos normalizados das devanditas solicitudes.

      Así mesmo, tamén poderán presentarse nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

      As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderán cursarse no prazo sinalado, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que a remitirán seguidamente ao organismo competente.

      Na solicitude deberá facerse constar expresamente a quenda pola que se presenta o/a aspirante cando se convoque conxuntamente (libre, promoción interna ou reserva para aspirantes con discapacidade).

    7. Admisión.

      Rematado o prazo de presentación de instancias, no prazo máximo dun mes a Xunta de Goberno Local adoptará acordo aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión, así como o lugar e data da realización das probas e a designación do tribunal cualificador.

      A resolución publicarase no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, e conterá a indicación de que as listas certificadas completas de admitidos e excluídos se atopan expostas ao público no dito taboleiro de edictos xunto coa composición do tribunal cualificador, concedéndose un prazo de 10 días contados...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR