Resolución do 6 de agosto de 2009, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas. (Expediente IN407A 09/517-4).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36200 Vigo.

Denominación: C.T. e R.B.T. edificio Dafón, 4.

Situación: Salceda de Caselas

Características técnicas: C.T. con dous transformadores un de 400 kVA e outro de 630 kVA no local do edificio Dafón, 4. Tres R.B.T. de 30, 90 e 25 m respectivamente entre a rúa Mártires de Sobredo e rúa Vigo, concello de Salceda de Caselas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e visto o informe favorable do facultativo deste departamento territorial, resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR