Aviso do 15 de marzo de 2005, da Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de Fisteus (Curtis-A Coruña).

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 82, Venres 29 de Abril de 2005VI. Anuncios › CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

Enlazado como:

Extracto


Aviso do 15 de marzo de 2005, da Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de Fisteus (Curtis-A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da concentración parcelaria para a zona de Fisteus, municipio de Curtis (A Coruña) e que se trancribe no anexo deste aviso.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2005.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestruturas Agrarias

ANEXO

Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, con data do 16 de febreiro de 2005, relativa á concentración parcelaria da zona de Fisteus (Curtis-A Coruña), promovida pola Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias. (Clave: 2004/0163).

Antecedentes

Por solicitude dos veciños da parroquia de Fisteus (Curtis, A Coruña), a Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias iniciou o procedemento de concentración parcelaria da dita parroquia, que abrangue unha superficie dunhas 4.075 ha, e na que un 87% das parcelas contan cunha superficie inferior a 0,5 ha.

A devandita concentración parcelaria, que se atopa entre os proxectos considerados no anexo II da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, cualificouse como sometida ao trámite de avaliación de impacto ambiental.

No anexo I resúmense as características da zona de concentración parcelaria e no anexo II as medidas de integración ambiental propostas no estudo de impacto ambiental.

Mediante Resolución do 20 de agosto de 2004, da Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias (publicada no DOG nº 182, do 17 de setembro de 2004), someteuse a información pública o estudo de impacto ambiental da referida zona de concentración parcelaria, non constando a presentación de alegacións durante o período de exposición pública.

Con data do 2 de febreiro de 2005 recíbese na Consellería de Medio Ambiente o expediente ambiental do proxecto, remitido pola Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias, no que se inclúe o certificado de exposición ao público no concello de Curtis e os informes das direccións xerais de Patrimonio Cultural, de Conservación da Natureza e do organismo autónomo Augas de Galicia.

Formalizada a tramitación ambiental, a Dirección ...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía