Resolución do 10 de xuño de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso na categoría 80 (capataz de establecemento) do grupo III, nas categorías 9 (celador 2ª/vixilante de recursos naturais) e 10f (peón forestal) do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia convocados pola Orde do 26 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 2, do 3 de xaneiro).

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyResolución

Por Resolución do 21 de abril de 2003 publicada no DOG nº 81, do 28 de abril, apróbase a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia convocados pola Orde do 26 de decembro de 2002 (DOG nº 2, do 3 de xaneiro).

Transcorrido o prazo regulamentario para a emenda, de se-lo caso, de defectos relativos ás citadas relacións de admitidos e excluídos e emendados estes, de conformidade co establecido na base cuarta que rexe as probas selectivas convocadas pola citada orde, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso na categoría 80 (capataz de establecemento) do grupo III, nas categorías 9 (celador 2ª/vixilante de recursos naturais) e 10f (peón forestal) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Segundo.-A relación definitiva de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, nas oficinas de información dos edificios administrativos de Vigo e Ferrol, así como nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga, en ningún caso, o cumprimento dos requi

sitos esixidos que, para cada categoría, se recollen na base segunda da devandita orde de convocatoria, e todo iso en relación coa base novena desta.

Para solicitar información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Terceiro.-Publica-la relación definitva de excluídos nas categorías xa enumeradas, con referencia á/s causa/s de exclusión, figurando tal relación como anexo a esta resolución.

Cuarto.-De conformidade co disposto na base terceira letra e), cuarto parágrafo, os aspirantes excluídos disporán dun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados.

Para facer efectivo o disposto no parágrafo anterior, os interesados dirixirán escrito á Dirección Xeral da Función Pública onde fagan costar con claridade os seguintes datos:

-Nome e apelidos.

-DNI.

-Grupo/s e categoría/s ás que optaban.

-Datos bancarios, con especificación do código da entidade bancaria, código da sucursal e número de conta á que desexen que se lles efectúe a transferencia polo importe aboado.

Quinto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co dispoto

no artigo 8.2º da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR