RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2013 pola que se convocan probas selectivas para cubrir tres prazas do grupo III da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (resonancia magnética), dúas pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Rango de LeyResolución

O reitor, en uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos desta universidade, e en execución do previsto na Resolución do 7 de decembro de 2010 (DOG do 20 de decembro) pola que se aproba a oferta pública de emprego para o ano 2010, resolve convocar probas selectivas para cubrir tres prazas do grupo III da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (resonancia magnética), vacantes no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

  1. Normas xerais.

    1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo tres prazas vacantes do grupo III, na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (resonancia magnética), do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), dúas pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

    1.2. Os procesos de selección de promoción interna e de acceso libre realizaranse separadamente e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non se cubriren as vacantes por promoción interna, ofertaranse para ser cubertas por acceso libre.

    1.3. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso.

    1.4. O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ao que se especifica no anexo I desta convocatoria.

    1.5. As persoas seleccionadas pola quenda de promoción interna terán preferencia sobre as da quenda libre para a elección de prazas.

    1.6. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I.

    1.7. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

    1.8. Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública; Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social; Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; os estatutos da USC, aprobados polo Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, da Xunta de Galicia; o Convenio colectivo do persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008) e as bases desta convocatoria.

  2. Requisitos das persoas aspirantes.

    2.1. Para seren admitidas á realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento de formalización do contrato os seguintes requisitos:

    1. Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado ao cal, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

      Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, o dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de 21 anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

      Quen, non sendo español nin nacional dun Estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade e sexa titular dun documento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

    2. Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadada a idade de xubilación.

    3. Estar en posesión do título de bacharelato ou técnico, bacharelato unificado polivalente, FP II, FP grao superior, ciclo formativo de grao medio ou equivalentes. No caso de que as persoas aspirantes posúan unha titulación académica estranxeira, para poder participar no proceso selectivo deberán ter homologado previamente o título de acordo co previsto na lexislación española.

    4. Será requisito indispensable para o ingreso ter acreditada a aptitude médica para o desempeño. Para estes efectos forma parte da solicitude a declaración responsable contida nela de que a persoa aspirante nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e de que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da categoría a que pretende incorporarse.

    5. Non estar separado do servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio da función pública.

    6. Non estar sancionado coa suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas, segundo o artigo 70 do Convenio colectivo para persoal laboral da USC.

    7. Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no número 3.6.2 desta convocatoria para as persoas discapacitadas, para os membros de familias numerosas e para demandantes de emprego.

      2.2. As persoas aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

    8. Ter a condición de persoal laboral fixo da USC.

    9. Estar prestando servizos con carácter definitivo ou en adscrición provisional.

    10. Pertencer a unha categoría distinta da das prazas ofertadas nesta convocatoria.

    11. Ter unha antigüidade efectiva de polo menos seis meses como persoal laboral fixo na categoría a que pertenzan o último día do prazo de presentación de solicitudes.

    12. Poderán quedar exentos do requisito da titulación exixida para quenda libre, dado que a relación de postos de traballo non recolle unha titulación específica, de acordo co previsto no artigo 37.2 do Convenio colectivo para o persoal laboral.

  3. Solicitudes.

    3.1. Quen desexe participar nestas probas selectivas deberá solicitalo ao reitor da USC en solicitude segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

    As persoas aspirantes deberán facer constar na súa solicitude a quenda pola que se inscriben, libre ou promoción interna, segundo corresponda.

    A solicitude presentarase xunto coa seguinte documentación:

    – Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

    – Fotocopia do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega). As persoas aspirantes que non presenten esta acreditación deberán realizar a proba de lingua galega prevista no anexo I.

    – Fotocopia do anexo V a que se fai referencia na base 11 desta convocatoria.

    3.2. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, aquelas persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % indicarán na súa solicitude as necesidades de adaptacións específicas e o seu motivo.

    3.3. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

    – Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo.

    – Declaración ou promesa da persoa aspirante de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

    – De conformidade co disposto na base 6.5 da convocatoria, as persoas aspirantes que estean exentas da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) ou equivalente. De non achegar esta certificación, non poderán ser declaradas exentas e deberán realizar a proba a que se refire a base 6.5.

    Os antigos diplomas de español nos seus niveis intermedio e superior serán equivalentes, para todos os efectos, aos diplomas previstos no Real decreto 264/2008, nos seguintes termos:

    1. O diploma de español (nivel intermedio) será equivalente ao diploma de español (nivel B2).

    2. O diploma de español (nivel superior) será equivalente ao diploma de español (nivel C2).

    3.4. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso será achegada no momento de presentar a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR