Resolución do 28 de marzo de 2006, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas, pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servizos de soporte e mantemento para a mellora evolutiva da infraestrutura software da plataforma telemática de servizos de traballo colaborativo para a intranet corporativa da Xunta de Galicia, así como o soporte e mantemento correctivo e evolutivo da infraestrutura software dos servizos colaborativos actuais, correo electrónico e de aplicacións Notes para unha correcta evolución e incorporación na mencionada plataforma de servizos de traballo colaborativos na intranet corporativa da Xunta de Galicia.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución
  1. Obxecto: contratación dos servizos de soporte e mantemento para a mellora evolutiva da infraestrutura software da plataforma telemática de servizos de traballo colaborativo para a intranet corporativa da Xunta de Galicia, así como o soporte e mantemento correctivo e evolutivo da infraestrutura software dos servizos colaborativos actuais, correo electrónico e de aplicacións Notes para unha correcta evolución e incorporación na mencionada plataforma

    de servizos de traballo colaborativos na intranet corporativa da Xunta de Galicia.

  2. Orzamento de licitación: 270.000 euros, IVE incluído.

  3. Prazo de execución: o prazo de execución é de oito meses, que comezarán a contar desde a data de formalización do contrato.

  4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

    As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.A.L., praza de Mazarelos, 14, 15703, Santiago de Compostela, teléfono: 981 58 54 55, mediante o aboamento do importe que corresponda.

    Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=6425.

  5. Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 4 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

  6. Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

  7. Fianza provisoria: 2% do orzamento de licitación.

  8. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

  9. Modelo de proposición: o que figura como anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

  10. Prazo de presentación de proposicións: o prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte de contar oito días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

    As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR