Anuncio-convocatoria que contén bases xerais e específicas para cubrir prazas vacantes correspondentes á oferta de emprego público do ano 2002.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONCELLO DE VIGO
Rango de LeyAnuncio

No uso das facultades que me confire o artigo 41.14º c) do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, procedo a convoca-las probas selectivas para cubrir vacantes existentes no cadro de persoal municipal, sendo as bases xerais e específicas aprobadas pola Comisión de Goberno en sesión do día 3 de marzo de 2003, as seguintes:

Bases xerais e específicas

  1. Persoal funcionario.

    1. Obxecto da convocatoria.

      É a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Vigo do ano 2002, que se acordan ofertar e que son as seguintes:

      Técnico admón. xeral: 1 praza.

      Administrativo de admón. xeral: 2 prazas.

      Auxiliar de admón. xeral: 7 prazas.

      Auxiliar de servicios internos: 12 prazas.

      Subalternos: 4 prazas.

      Técnico de prevención de riscos laborais: 1 praza.

      Diplomado en traballo social: 3 prazas.

      Enxeñeiro técnico industrial: 1 praza.

      Enxeñeiro técnico de montes: 1 praza.

      Técnico medio laboratorio: 1 praza.

      Delineante: 1 praza.

      Monitor de educación física: 1 praza.

      Garda: 30 prazas.

      Oficial de extinción de incendios: 1 praza.

      Bombeiro: 3 prazas.

      Conductor-bombeiro: 5 prazas.

    2. Natureza e características.

      En cada convocatoria específica indicaranse as prazas que se reservan para quendas distintas da libre.

    3. Publicidade das convocatorias.

      As convocatorias xunto coas súas bases publicaranse no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio no Boletín Oficial del Estado e na prensa local.

    4. Condicións dos e das aspirantes.

      1. Ser español/a.

        Os nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea poderán acceder en idénticas condicións cás dos españois a aqueles sectores da función pública ós que, segundo o dereito comunitario, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

        As reservas a aspirantes de nacionalidade española deberán estar motivadas en estar relacionadas específica e directamente co exercicio do poder público e farase constar expresamente en cada convocatoria específica.

      2. Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder de 55, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se estableza outra idade de xubilación distinta dos 65 anos ou unha idade máxima distinta para o ingreso, o que se fará constar nas bases específicas.

      3. Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas convocatorias ou estar en condicións de obtela, na data que remate o prazo de presentación de instancias.

        No caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

      4. Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con minusvalidez en igualdade de condicións cos demais aspirantes.

        As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións físicas ou psíquicas salvo que veñan establecidas por lei ou que sexan incompatibles co desenvolvemento das tarefas ou funcións correspondentes.

        Nas probas selectivas, incluíndo os cursos de formación ou períodos de prácticas se estivesen previstos, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización. Os interesados deberán formula-la correspondente petición concreta na solicitude de participación.

        Para resolver, os tribunais poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia.

        Nas convocatorias específicas deberá reservarse un 3% das vacantes como mínimo, tanto en quenda libre como en promoción interna, para seren cubertas entre persoas con discapacidade en grao igual ou superior ó 33%, sempre que superen as probas selectivas e que, antes do nomeamento acrediten o indicado grao de discapacidade e a súa compatibilidade co desempeño das funcións propias da praza.

      5. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

      6. Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

      7. Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado na Tesourería municipal do concello ou xustificante de ter ingresado na conta de Caixanova nº 2080 0000 71 0040070137 as cantidades seguintes en concepto de dereitos de exame: para prazas do grupo A e B, 26,74 A; prazas dos grupos C D e E, 15,01 A, no que deberán facer constar a que praza corresponden.

      8. De confomidade co artigo 36 do Regulamento de funcionarios da Administración local os aspirantes non poderán ser presidente nin membros electivos da Corporación de Vigo ou presidente ou membros electivos doutra corporación que teña xurisdicción dentro dos límites territoriais da entidade afectada; así mesmo, tampouco poderán ser parentes dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade do presidente nin parentes dentro do cuarto grao de consanguinidade ou segundo de afinidade de calquera dos membros electivos, neste caso excepto cando se trate de oposición; as autoridades que exerzan xurisdicción no territorio da entidade; quen teña contratos ou compromisos de obras, servicios e subministracións coa entidade, ou con establecementos dependentes dela; os que se atopen en litixio coa entidade ou con establecementos que dela dependan, agás que se refira á defensa de dereitos inherentes ó cargo; os debedores directos ou sub

        sidiarios a fondos públicos, contra quen se expedise mandamento de constrinximento por resolución firme.

      9. Calquera outro requisito que se fixe nas bases específicas de cada convocatoria.

        No caso de que se trate de funcionarios/as de carreira deste concello, a anterior documentación substituirase por orixinal ou copia compulsada do título esixido para o acceso á praza e certificado expedido de oficio polo secretario xeral, no que se faga constar que o interesado/a cumpre as condicións para participar, esixidas na convocatoria e, en todo caso, carta de pagamento dos dereitos de exame.

        Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.

    5. Forma de presentación da documentación que se achegará para a fase de concurso.

      Cando o sistema de selección sexa o de concurso-oposición, os aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e, en todo caso, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo, a través de orixinal ou copia compulsada.

      Para a xustificación dos méritos o/a aspirante que deba achegar documentación proveniente doutros organismos oficiais que non lla facilitasen antes do remate do prazo de presentación de instancias, deberá achegar no devandito prazo a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel no que lle fose expedida. En todo caso non procederá a súa valoración se non fose achegada antes da data de celebración da sesión de valoración do concurso.

      O tribunal poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para xustifica-los méritos alegados, pero non pedir nova documentación para acreditar méritos soamente alegados.

      Como excepción se o mérito que se alega é ter prestados servicios no Concello de Vigo, bastará con face-lo constar en declaración xurada que se achegará xunto coa solicitude e na que figure a data ou datas de inicio e finalización dos servicios ó Concello e o departamento, servicio ou unidade na que se prestaron. No caso contrario deberase achega-la correspondente certificación dos servicios prestados por parte do aspirante.

    6. Presentación de solicitudes.

      As instancias dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Vigo, e presentaranse no rexistro xeral no prazo dos 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para persoal funcionario e anuncio da convocatoria no BOP para persoal laboral por promoción interna.

      As instancias tamén poderán presentarse nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

      No rexistro xeral facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

      Na solicitude deberá facerse constar expresamente a quenda pola que se presenta o/a aspirante cando se convoque conxuntamente (libre, promoción interna ou reserva para aspirantes con discapacidade).

    7. Admisión.

      Rematado o prazo de presentación de instancias a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión, así como o lugar e a data da realización das probas e a designación do tribunal cualificador.

      A resolución publicarase no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, e conterá a indicación de que as listas certificadas completas de admitidos e excluídos encóntranse expostas ó público no taboleiro de edictos da corporación xunto coa composición do tribunal cualificador, concedéndose un prazo de 10 días, a partir do seguinte ó da publicación da resolución no BOP para a corrección por parte de quen fose excluído/a, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da dita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

      A dita lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo de reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, no mesmo lugar que a provisional, así como a resolución das solicitudes de abstención ou recusación, sen necesidade de novo anuncio nos diarios oficiais, nun prazo máximo de un mes a partir da finalización do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR