Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 40, Martes 26 de Febreiro de 2008I. Disposicións Xerais › CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Enlazado como:

Extracto


Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo VI do título I, fixa as características básicas das ensinanzas profesionais de música, dentro das ensinanzas artísticas, cuxa finalidade é proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais, e concretamente o seu artigo 50 condiciona a obtención do título profesional de música á superación das ensinanzas profesionais correspondentes.

O Real decreto 1577/2006, do 22 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas profesionais de música reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece os elementos básicos dos documentos de avaliación así como o libro de cualificacións.

O Decreto 203/2007, do 27 de setembro, establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de música. Esta norma dispón que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria regulará o procedemento de avaliación, promoción e permanencia do alumnado destas ensinanzas, que a avaliación das ensinanzas profesionais levarase a cabo tendo en conta os obxectivos e os criterios de avaliación establecidos no currículo, que a avaliación da aprendizaxe deste alumnado será continua e integradora, aínda que diferenciada segundo as materias do currículo, e que o profesorado avaliará tanto a aprendizaxe do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente.

En consecuencia, procede que a Consellería de Educación e Ord...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía