Decreto 233/2005, do 14 de xullo, polo que se establece o currículo dos estudos superiores de deseño e se regula o acceso ás ditas ensinanzas.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 155, Venres 12 de Agosto de 2005I. Disposicións Xerais › CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Enlazado como:

Extracto


Decreto 233/2005, do 14 de xullo, polo que se establece o currículo dos estudos superiores de deseño e se regula o acceso ás ditas ensinanzas.

A sección terceira do título VI da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, regula as ensinanzas das artes plásticas e de deseño, establecéndose no artigo 49.2º que terán consideración de estudos superiores as ensinanzas de deseño que oportunamente se implanten e que, ao remate dos ditos estudos se outorgará o título de deseño na especialidade correspondente, que será equivalente, para todos os efectos, ao título de diplomado universitario.

Co fin de que o ensino e a aprendizaxe se desenvolvan en condicións suficientes de calidade, o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, ao clasificar e definir os distintos modelos de centros, regula os centros superiores de deseño e establece as ensinanzas que poden impartir.

O Real decreto 1496/1999, do 24 de setembro, establece os estudos superiores de deseño e as ensinanzas mínimas e regula a proba de acceso. Procede, xa que logo, establecer o currículo e regular o acceso ás ditas ensinanzas para a súa aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Co precedente dunha ampla e antiga tradición artesá e da repercusión que a revolución industrial exerceu na arte e nos oficios, os estudos de deseño inscríbense hoxe nun contexto histórico no que o deseño supón un factor de valor engadido, de competitividade e de diferenciación do produto industrial, que tende unha ponte entre industria e creación, terminando coa secular desconexión entre ambas as dúas. A acelerada sucesión dos cambios que veñen caracterizando o contexto propio dos países avanzados e o progresivo desenvolvemento das tecnoloxías e dos xeitos de comunicación, coincidiron cunha nova sensibilidade sobre o medio e sobre a calidade de vida, o que propiciou un modelo de consumo cada vez máis crítico, selectivo e responsabilizado. Todo iso configura un perfil profesional no que o deseñador analiza, investiga e determina as propiedades e as calidades físicas, así como os valores simbólicos comunicativos que deben caracterizar as súas producións, definindo a súa forma, a súa configuración, a súa calidade, o seu funcionamento, o seu valor e a súa significación estética e social. As exixencias dunha formación eficaz e profesional dos futuros deseñadores deben incluír criterios de programación dos contidos que atendan, ademais, ao carácter humanístico destas ensinanzas, de xeito que a formación nas artes, na ciencia, na técnica e no uso das tecnoloxías garanta a permanencia e a flexible adecuación destes estudos ás necesidades e demandas sociais.

Dentro deste contexto formúlase este decreto, que responde á necesidade de proporcionar aos futuros deseñadores unha formación artística, científica e técnica que lles permita analizar, investigar e determinar as propiedades e as calidades físicas, así como os valores simbólicos e comunicativos que deben caracterizar as súas producións.

Por todo o exposto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, tras o informe do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de xullo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Este decreto establece o currículo e a forma de acceso correspondentes ás ensinanzas superiores de deseño. O plan de estudos comprende, para cada unha das especialidades, tres cursos académicos e mais a realización dun proxecto final de carreira. As especialidades son:

-Deseño gráfico.

-Deseño de interiores.

-Deseño de moda.

-Deseño de produtos.

2. A carga lectiva total é de 273 créditos, dos que 270 corresponden á formación no centro educativo e os tres créditos restantes ao seguimento do proxecto final de carreira mediante unha titoría. Enténdese como crédito a unidade de valoración da actividade académica equivalente a dez horas lectivas.

3. No currículo intégranse as ensinanzas mínimas fixadas no Real decreto 1496/1999, do 24 de setembro.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este decreto será de aplicación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º.-Currículo

De acordo co disposto no artigo 8.1º da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, enténdese por currículo dos estudos superiores de deseño o conxunto de obxectivos, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación desta ensinanza de réxime especial.

Artigo 4º.-Fins.

1. A finalidade dos estudos superiores de deseño é a formación de profesionais do deseño cualificados para a mellora da creación, o desenvolvemento, o uso e o consumo das producións industriais e dos servizos.

2.Os estudos superiores de deseño teñen como obxectivos xerais o desenvolvemento no alumnado, de xeito integrado, das seguintes capacidades:

a) Coñecer o marco económico e organizativo no que se desenvolve a actividade empresarial, así como a capacidade do deseño de intervir como factor de identidade, de innovación e de desenvolvemento da ...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía