Resolución do 11 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de odontólogo/a de atención primaria.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorSERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rango de LeyResolución

O Decreto 206/2005, do 22 de xullo, modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro, regula a provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008, procede agora acordar e publicar as bases que van rexer a convocatoria da devandita oferta.

Esta convocatoria ten en conta o principio de igualdade de trato entre homes e mulleres polo que se refire ao acceso ao emprego, de acordo co artigo 14 da Constitución española, a Directiva Comunitaria do 9 de febreiro de 1976 e as previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

Polo tanto, este centro directivo, logo da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación e no uso das competencias atribuídas polo Decreto 46/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, resolve convocar concurso-oposición para o ingreso na categoría de odontólogo/a de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Normas xerais.

  1. Convócase concurso-oposición para o ingreso na categoría de odontólogo/a de atención primaria.

  2. O número de prazas que se convocan neste proceso selectivo é o que se especifica no anexo I, con expresión das de acceso libre e, de ser o caso, das reservadas para promoción interna e das reservadas para seren cubertas por persoas con discapacidade.

  3. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e do artigo 6.2º do Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008, resérvase un sete por cento do total das prazas convocadas, para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

    Cando da aplicación da citada porcentaxe resulten fraccións decimais, redondearase por exceso para o seu cómputo.

    No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade acade unha taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na categoría, as prazas non cubertas acumularanse ás restantes do acceso libre.

    No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade non acadase a taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na categoría, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite dun doce por cento.

  4. No caso de que algún aspirante con discapacidade que se presentase pola quenda de reserva de persoas con discapacidade superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza, e a súa puntuación fose superior á obtida por outros/as aspirantes da quenda de acceso libre, será incluído/a pola súa orde de puntuación na quenda de acceso libre.

  5. A fin de garantir a protección da saúde dos/as aspirantes que superen definitivamente o proceso selectivo pola quenda de reserva de persoas con discapacidade efectuarase unha avaliación inicial da súa saúde que permita adoptar as medidas preventivas e de protección necesarias para evitar que poidan verse afectados/as de xeito singular por algún risco laboral identificado no seu posto de traballo. Esta avaliación será realizada pola Unidade Periférica de Prevención de Riscos Laborais de referencia para o centro a que pertenza a praza adxudicada.

  6. De conformidade co establecido no artigo 25.1º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, e o artigo 5.1º do Decreto 199/2008, do 28 de agosto, en atención ás especiais circunstancias que concorren na categoría e coa unanimidade de todas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación, establécese unha porcentaxe de prazas reservadas para a quenda de promoción interna do 15% do total das prazas ofertadas.

    De conformidade co establecido no artigo 5.2º do Decreto 199/2008, do 28 de agosto, antes citado, cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

    As prazas da quenda de promoción interna que non sexan cubertas acumularanse ás da quenda de acceso libre.

  7. Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Se da solicitude que presenten non se deduce a súa opción, serán excluídos/as na lista provisional de admitidos/as e excluídos/as que se publique. De non emendar o defecto da solicitude, serán incluídos/as de oficio na quenda de acceso libre. Xa que logo, tras a publicación da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración respecto diso.

    Segunda.-Requisitos dos/as candidatos/as.

    Os/as aspirantes, de calquera quenda de acceso, deberán pouír todos os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e teranse que manter ata a toma de posesión como persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

    O feito de figurar na relación definitiva de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza aos/as aspirantes a posesión dos requisitos exixidos no procedemento que se convoca.

  8. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso:

    1) Nacionalidade:

    1. Ter a nacionalidade española.

    2. Ser nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

    3. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos/as españois/as e dos/as nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea e o dos/as nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os/as seus/súas descendentes e os/as do seu cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de devandita idade dependentes.

    2) Idade: ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter alcanzada a idade de sesenta e cinco anos.

    3) Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.

    4) Habilitación: non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión.

    No caso dos/as nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

    5) Titulación: estar en posesión da titulación que se especifica no anexo I desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.

    No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

    6) Aboar as taxas por dereito de exame, se é o caso.

  9. Persoas con discapacidade:

    Ademais dos requisitos anteriores, os/as aspirantes que se presenten pola quenda de persoas con discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

  10. Promoción interna:

    1) Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría/especialidade de nivel académico igual ou inferior á daquela a que se pretende acceder.

    2) Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría/especialidade de procedencia.

    Ao persoal integrado no réxime estatutario, seralle computado, para os efectos do prazo dos dous anos, o tempo de servizos prestados como funcionario de carreira ou laboral fixo.

    Terceira.-Solicitudes.

  11. Os/as que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante unha solicitude e aboar os dereitos de exame de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

    1. Formalización da solicitude:

      O modelo de solicitude estará á disposición dos/as interesados/as que desexen participar no proceso na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), premendo a icona emprego público, OPE 2008; deberá cubrirse e imprimirse o formulario que aparecerá neste punto.

      O impreso xerado neste punto deberá presentarse no rexistro xunto co resto da documentación.

    2. Formalización do pagamento das taxas:

      Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e na Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, como requisito necesario para participar no proceso selectivo deberase aboar previamente, en concepto de dereitos de exame, o importe de 39,94 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

      Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación orixinal como o sinalado no anexo II. Este impreso facilitaráselles aos interesados nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

      ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR