DECRETO 159/2012, do 19 de xullo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de paso inferior no p.q. 14+550 da PO-841, no concello da Estrada (clave PO/12/024.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 30 de maio de 2012 a Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción seguinte: paso inferior no p.q. 14+550 da PO-841, no concello da Estrada (clave: PO/12/024.06).

O obxecto do presente proxecto é o desenvolvemento das actuacións necesarias para a construción dun itinerario peonil que cruce baixo a estrada PO-841 Santiago de Compostela–A Estrada, arredor do p.q. 14+550, conectando o núcleo de Souto de Vea, situado na marxe dereita da PO-841, co centro de saúde municipal, situado na marxe esquerda. O núcleo de Souto de Vea atópase no termo municipal da Estrada, na provincia de Pontevedra.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada pola necesidade de vencer unha serie de carencias relacionadas coa seguranza viaria dos peóns que precisen cruzar la calzada da PO-841 cando necesiten acudir ao consultorio, xa que se trata dunha estrada onde os vehículos circulan a altas velocidades.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas, e a súa asignación ao departamento competente, actualmente a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR