CÉDULA do 2 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas as resolucións do 11 de xuño de 2014 de non concesión de axudas ou subvencións do programa para a promoción do emprego autónomo (subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia), reguladas na Orde do 19 de agosto de 2013, relativa aos expedientes TR341D 2013/716-2 e TR341D 2013/668-2.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber que pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a)...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR