CÉDULA do 25 de xuño de 2014, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00459-O-2014 e vinte máis).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Infórmaselles que teñen dereito a alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 25 de xuño de 2014

Ángel Míguez LópezXefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente Matrícula Denunciante Denunciado DNI/CIF Último enderezo coñecido Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. Precepto cualificador Precepto sancionador Sanción proposta
OU-00459-O-2014 3709-FGJ Garda Civil 3203 V46236Y José Emilio Sierra Riesco 07987006A R/ Portugal, 6, 49440 Cañizal, Zamora Atenuante-A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar. 3.1.2014; 17.15.00; A-52; 150 Art. 141.25 LOTT Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.d) LOTT 401 euros
OU-00649-O-2014 1128-GCM Garda Civil 3203 T10323A Francisco Javier Sabucedo Castro 34997527Z Tosende, 2, 32664 Allariz, Ourense Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante. 29.1.2014; 15.18.00; N-525; 172 Art. 140.1 LOTT Art. 143.1.i) LOTT 4.001 euros
OU-00650-O-2014 6839-FLV Garda Civil 3203 L24919Z Ro y Pa Ponteareas, S.L. B36438901 Avda. Fernández de Mora, 44, 36860 Ponteareas, Pontevedra Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante. 31.1.2014; 18.45.00; N-532; 1 Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT 801 euros
OU-00668-O-2014 6149-CCG Garda Civil 3201 D94757 Transportes Chegou O Nando, S.L. B36185387 Vidales Tomé, 6, 36860 Ponteareas, Pontevedra A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibraxe ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos. 7.2.2014; 9.36.00; OU-101; 7 Art. 140.34 LOTT Art. 143.1.g) LOTT 1.001 euros
OU-00716-O-2014 Garda Civil 3203 L24919Z Harineras Villamayor, S.A. A22008106 Rolda da Estación, s/n, 22810 Sotonera (A), Huesca A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control. 23.1.2014; 11.15.00; N-532; 1 Art. 141.17 LOTT Art. 143.1.d) LOTT 401 euros
OU-00723-S-2014 M-9944-XF Policía Autonómica 81211-88199 Narlitráns, S.L. B70385588 Trav. do Sixto, 16, baixo, 15893 Santiago de Compostela, Coruña (A) A realización de transportes
...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR