CÉDULA do 9 de setembro de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/38/2013.

SecciónVI. Anuncios
EmisorAXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 18 de agosto de 2014, resolución pola que se resolve arquivar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/38/2013, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar levadas a cabo no lugar de Bo Vila, no termo municipal de Outeiro de Rei, xa que na data de incoación do citado expediente transcorrera o prazo de caducidade de seis anos establecido no artigo 210 da LOUG.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Abel Paredes Hermida e Regina Sanmartín Pico, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR