CÉDULA do 1 de setembro de 2014 pola que se notifica a apertura do período voluntario para o pagamento da sanción coa remisión de impreso de pagamento de multas e sancións no expediente sancionador e de reposición da legalidade S-2011/046-P, devolto polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

SecciónVI. Anuncios
EmisorAXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 10 de xullo de 2014, notificou a apertura de período voluntario para o pagamento da sanción coa remisión de impreso de pagamento de multas e sancións a Servando Miguens Castro, na súa condición de promotor e propietario das obras consistentes en dúas edificacións auxiliares, dous soportais realizados na vivenda existente, muro de peche, pavimentos exteriores e grella, situados na rúa Viña Tinta, termo municipal da Illa de Arousa (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal desta notificación, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), comunícaselle ao interesado a devandita notificación:

O día 15.10.2012, o subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora, impón a Servando Miguens Castro, como responsable dunha infracción grave en materia de costas, unha multa por un importe de 12.897,05 €, na súa condición de promotor e propietario das obras consistentes en dúas edificacións auxiliares, dous soportais realizados na vivenda existente, muro de peche, pavimentos exteriores e grella, situadas na rúa Viña Tinta, nº 59, na parcela 5088, do polígono 34, referencia catastral 36062A034050880000MP, termo municipal da Illa de Arousa (Pontevedra).

Contra a dita resolución, o interesado interpuxo recurso de reposición que foi desestimado mediante Resolución do 6.5.2013 da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, confirmando a resolución impugnada.

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditaminou, mediante sentenza firme número...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR