CÉDULA do 3 de setembro de 2014 pola que se notifica o acordo de execución subsidiaria da orde de demolición derivada do expediente IU1/141/2009, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

SecciónVI. Anuncios
EmisorAXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 24 de xullo de 2014, ditou resolución en que ordenaba a execución forzosa, mediante a execución subsidiaria á custa do interesado e dos seus habentes causa, da Resolución do 18 de agosto de 2010 que ordenou a Manuel Ángel Vilar Liñares a demolición das obras consistentes na construción dunha plataforma de madeira, instalación de vivenda prefabricada, construción de alpendre con inodoro e ducha e construción de fosa séptica, no lugar de Coruto, parroquia de Serantes, no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR