CÉDULA do 1 de xullo de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/180/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

SecciónVI. Anuncios
EmisorAXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 6 de xuño de 2014, ditou resolución pola que se declara que as obras executadas en solo rústico sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación de uso residencial e dunha soleira de formigón no lugar do Taibo, parroquia de Carnoedo, no termo municipal de Sada, provincia da Coruña, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non poderse realizar a notificación a Mª Isabel Pepe Barral desta resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR