CÉDULA do 25 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de varias axudas pola transformación de contratos temporais en indefinidos, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio de 2010), relativa ao expediente TR348B 2010/000167-1 e dezanove máis.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Intentada a notificación das citadas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren oportuna, no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 25 de xuño de 2014

Mª Pilar Caridad AlonsoXefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2010/000167-1.

Nome ou razón social: Ortega Campos, María Carmen.

Último enderezo coñecido: r/ Manuel Lugrís, 1, baixo, O Temple, 15679 Cambre (A Coruña).

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora contratada durante un período mínimo de 3 anos e xustificación insuficiente do cumprimento das obrigas.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/000179-1.

Nome ou razón social: Cosas de Tres, S.L.

Último enderezo coñecido: r/ Doutor Teixeiro, 30, baixo, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas durante un período mínimo de 3 anos e xustificación insuficiente do cumprimento das obrigas.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/000245-1.

Nome ou razón social: Muñoz Seijas, Juan Carlos.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 418, baixo 15011 A Coruña.

Feito imputado: non xustificar o cumprimento das obrigas.

Precepto infrinxido: artigo 33.1, letra c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR