Edicto (94/2005).

SecciónV. Administración de Xustiza
EmisorXULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE NOIA
Rango de LeyEdicto

En Noia o dezanove de xuño de dous mil seis.

Miguel Gómez de Liaño González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número uno de Noia e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se ditou auto do 26-9-2006 cuxo teor é o seguinte:

Auto.

En Noia, o vinte e seis de setembro de dous mil cinco.

Luis Javier Rodríguez Vidal, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un, ditou este procedemento de medidas provisorias 94/2005, no cal é parte demandante María Dolores Ces Castaño, representada polo procurador Álvarez Olariaga e asistida do letrado Pérez Morales, e parte demandada Ángel González López. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Feitos.

Primeiro.-A demandante solicitou as medidas provisorias que se reflicten no seu escrito.

Segundo.-Celebrada a comparecencia e practicadas as probas declaradas pertinentes, quedaron os autos vistos para ditar a presente resolución.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro.-A garda e custodia dos fillos menores do matrimonio, de 12 e 15 anos de idade, débese atribuír á nai, dado que é a nai quen a está a exercer o feito. Polo que atinxe ao réxime de visitas, débese establecer a favor do proxenitor non custodio, dado que este vive en Andorra e Tarragona, o seguinte: última fin de semana de cada mes e a metade das vacacións do Nadal, Semana Santa e verán, elixindo a nai nos anos impares que metade do período vacacional pasará cos seus fillos e o esposo nos pares. Consecuencia da atribución á esposa da garda e custodia é a atribución a esta do uso da vivenda conxugal.

Segundo.-Todas as prestacións de carácter económico englóbanse, en sede de medidas provisorias, baixo o concepto de cargas do matrimonio. Tendo en conta o disposto no artigo 146 do Código civil, que obriga a ponderar o caudal ou medios do obrigado a dar alimentos e as necesidades de quen os recibe, débese analizar a situación económica do marido, cuxos ingresos foron o medio de sustento da familia. Pola súa parte, a esposa está a traballar desde abril nunha empresa de traballo temporal. O artigo 771 da LEC establece que «a falta de asistencia sen causa xustificada dalgúns dos cónxuxes á comparecencia poderá determinar que se consideren admitidos os feitos alegados polo cónxuxe pre

sente para fundamentar as súas peticións sobre medidas provisorias de carácter patrimonial

. Di a demandante que o seu marido está a gañar como camareiro arredor de 1.800 euros mensuais. O marido non comparece e, de aplicarse de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR