EDICTO (32/2011).

SecciónV. Administración de Xustiza
EmisorXulgado do Social Número 3 de Reforzo da Coruña
Rango de LeyEdicto

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 32/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba María Durán Navarrete contra a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., Administración concursal de Cuadernas y Arcos, S.L., Covicoruña, Soc. Coop. Galega, sobre ordinario, se ditou a sentenza número 873/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

Sentenza:

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Alba Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 35/2010, en que foi demandante Alba María Durán Navarrete, representada polo letrado Sr. Orantes Canales, e demandadas a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., así como a Administración concursal da empresa Cuadernas y Arcos, S.L. Compareceron a administradora concursal Celina Brañas Fernández e a empresa Covicoruña, Soc. Coop. Galega. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Alba María Durán Navarrete contra a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., contra a Administración concursal da empresa Cuadernas y Arcos, S.L. e contra a empresa Covicoruña, Soc. Coop. Galega e, en consecuencia, condeno as empresas Cuadernas y Arcos, S.L. e Covicoruña, Soc. Coop. Galega a aboar a Alba María Durán Navarrete a cantidade de 12.010,87 euros que lle deben. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 % respecto dos conceptos de contido estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR