EDICTO (1229/2013).

SecciónV. Administración de Xustiza
EmisorXulgado do Social número 2 da Coruña
Rango de LeyEdicto

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento 1229/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Muíño Hermida contra Prefabricación y Montajes del Norte, S.A., empresa Commain, S.A. e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial, María Adelaida Egurbide Margañón.

Na Coruña, 30 de xullo de 2014.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 15.11.2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de despedimento presentada por Marcos Muíño Hermida fronte a Prefabricacion y Montajes del Norte, S.A., Commain, S.A. e o Fogasa.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 30.7.14,ás 10.50 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación/xuízo non compareceu o demandante, que estaba debidamente citado.

Fundamentos de dereito.

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, considerarase que desiste da súa demanda (artigo 83.2 LXS).

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Considerar que Marcos Muíño Hermida desiste da súa demanda fronte a Prefabricacion y Montajes del Norte, S.A., Commain, S.A. e o Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS). O recorrente que non teña a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR