Orde do 3 de febreiro de 2005 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 10f do grupo V (peón forestal) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyOrde

De conformidade co disposto na base IX, punto terceiro, da convocatoria para o acceso á categoría 10f do grupo V (peón forestal), levada a efecto pola Orde do 26 de decembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 2, do 3 de xaneiro), remitida polo tribunal a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, e unha vez resoltos os recursos administrativos que afectan a referida proposta, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 10f do grupo V (peón forestal), publicándose como anexo desta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública os documentos a que se refire a base IX.1 da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poden interpoñer, os aspirantes, con carácter postestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR