Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 196, Martes 9 de Outubro de 2007I. Disposicións Xerais › CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Enlazado como:

Extracto


Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, regula nos seus artigos 59, 60, 61 e 62 as ensinanzas de idiomas de réxime especial e establece que estas se organizarán en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. En consonancia co disposto no artigo 6.2º da devandita lei, o Goberno fixou no Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, os aspectos básicos do currículo que constitúen as respectivas ensinanzas mínimas nos niveis intermedio e avanzado, co fin de asegurar unha formación común e garantir a validez dos certificados correspondentes.

Seguindo as indicacións do Consello de Europa no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL), a aprendizaxe de idiomas e a súa certificación organízanse nunha serie de niveis comúns ordenados en graos de competencia lingüística progresivamente máis amplos, e ligados a contextos sociais de uso da competencia comunicativa. O Marco común europeo de referencia para as linguas promove, igualmente, o coñecemento de diversas linguas e culturas.

Igualmente, a Decisión 1720/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de novembro de 2006, establece un programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente ata 2013 (PAP) e recolle entre os seus obxectivos a promoción da aprendizaxe das linguas e a diversidade lingüística, así como o favorecemento da aprendizaxe permanente de persoas de todas as idades.

Neste contexto, as ensinanzas especializadas de idiomas van dirixidas a aquelas persoas que desexan, ao longo da súa vida, adquirir ou perfeccionar as súas competencias nunha ou en varias linguas estranxeiras, con fins xerais ou específicos, así como obter para o mercado laboral unha certificación transparente do seu nivel de competencia no uso das devanditas linguas.

Xa que logo, este decreto establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de nivel básico e determina os efectos dos certificados acreditativos da superación das exixencias académicas correspondentes aos respectivos niveis. Igualmente, neste decreto establécense os currículos do nivel básico e do nivel intermedio, e incorpóranse neste as ensinanzas mínimas fixadas polo citado Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro. Do mesmo xeito, esta norma regula o procedemento para que as escolas oficiais de idiomas poidan impartir cursos especializados para o perfeccionamento de competencias en idiomas tanto nos niveis básico, intermedio e avanzado, como nos niveis C1 e C2, de maneira que estes centros contribúan, mediante o óptimo aproveitamento dos seus recursos, a darlles resposta ás necesidades de formación dos colectivos educativos e profesionais no ámbito das linguas estranxeiras.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, logo de informe do Consello Escolar de Galicia, oído o Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de setembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Capítulo I

Da finalidade e organización das ensinanzas

oficiais de idiomas

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. Este decreto establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e o currículo dos niveis básico e intermedio dos idiomas seguintes: alemán, árabe, chinés, francés, inglés, italiano, portugués, ruso, galego, español como lingua estranxeira e xaponés.

2. Así mesmo, esta disposición regula as condicións en que se poden obter os certificados acreditativos da superación dos niveis básico, intermedio e avanzado destas ensinanzas, así como os seus efectos e a documentación académica necesaria para garantir a mobilidade do alumnado.

3. Este decreto ten igualmente a finalidade de regular os requisitos mínimos das escolas oficiais de idiomas no relativo á relación numérica entre estudantes e profesorado, instalacións docentes e número de postos escolares.

4. Este decreto é de aplicación nas escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Finalidade.

1. As ensinanzas de idiomas de réxime especial teñen a finalidade de capacitar o alumnado para o uso axeitado dos idiomas, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, e desenvolver nel a capacidade de adquirir, actualizar, completar e ampliar a competencia comunicativa en linguas estranxeiras, ao longo da vida, para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

2. As escolas oficiais de idiomas son os centros docentes públicos en que se ofrecerán contextos para a aprendizaxe e a práctica de idiomas. Nelas deberase fomentar especialmente o estudo das linguas oficiais dos estados membros da Unión Europea, das linguas cooficiais existentes en España e do español como lingua estranxeira. Así mesmo, facilitarase o estudo doutras linguas que, por razóns ...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía