Resolución do 22 de agosto de 2007, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado aos estudos profesionais de artes plásticas e deseño durante o curso 2007-2008.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyResolución

A Orde do 25 de xuño de 2007, pola que se regula o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, establece o proceso de admisión para quen non reúne os requisitos académicos establecidos con carácter xeral e para aquelas persoas que, reunindo os requisitos académicos, deben superar a proba específica definida na mesma orde, e autoriza a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, na súa disposición derradeira primeira, para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento do previsto nesa orde.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Solicitudes de admisión.

  1. O alumnado que queira acceder aos ciclos formativos de artes plásticas e deseño efectuará a súa inscrición desde o día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 27 de xullo, ou ben do 3 ao 10 de setembro, na escola que oferta as ensinanzas do ciclo formativo que desexa cursar e que foi elixido como primeira opción.

  2. Para a formalización das solicitudes de admisión, os centros onde se impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexos I e II a esta resolución. Unha vez cuberta, entregarase unha única instancia na secretaría da escola que imparta a ensinanza profesional de artes plásticas e deseño á que solicita acceder en primeira opción, xunto coa documentación que sexa necesaria para a acreditación dos datos consignados:

    1. Fotocopia do DNI ou partida de nacemento.

    2. Título académico.

    3. Certificado de estudos no que figuren as cualificacións das diferentes materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título.

    4. Certificado da proba de acceso ao ciclo formativo, se fora o caso.

  3. A solicitude de inscrición será única para cada grao.

    Segundo.-Criterios preferentes de selección.

    De acordo co disposto no artigo 6 da Orde do 25 de xuño de 2007, establécense os seguites criterios de valoración das solicitudes:

  4. Ensinanzas profesionais de grao medio:

    1.1. Para os aspirantes que accedan directamente ao grao medio das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, cando no existan prazas suficientes, terá prioridade o alumnado que:

    1. Estea en posesión do título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.

    2. Estea exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, por experiencia laboral de polo menos un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao medio e superior ao que se queira acceder.

    3. Estea en posesión do título de técnico de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexe cursar ou teña superados os cursos de comúns de artes aplicadas e oficios artísticos.

    4. Estea en posesión do título de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexe cursar ou título declarado equivalente.

    5. Estea en posesión do título superior de artes plásticas, título superior de deseño ou título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

    6. Estea en posesión do título de arquitectura ou da licenciatura en belas artes.

    7. Enxeñaría técnica en deseño industrial.

      Dentro de cada unha das alíneas anteriores a prioridade das solicitudes virá determinada por a maior puntuación obtida como media aritmética das cualificacións acadadas nas diferentes materias dos estudos alegados para o ingreso no ciclo formativo, expresada con dous decimais. No caso de empate efectuarase por sorteo público.

      1.2. Para os aspirantes que accedan mediante proba específica ao grao medio das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, a prioridade virá determinada por:

    8. Maior puntuación na proba específica.

    9. No caso de empate, por sorteo público.

      1.3. Para os aspirantes que accedan mediante proba de acceso ao grao medio das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, a prioridade virá determinada por:

    10. Maior puntuación na proba de acceso. Para determinar a cualificación da proba de acceso non se terá en conta a parte que sexa obxecto de exención.

    11. No caso de empate, por sorteo público.

  5. Ensinanzas profesionais de grao superior.

    2.1. Para os aspirantes que accedan directamente ao grao superior das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, cando no existan prazas suficientes terá prioridade o alumnado que:

    1. Estea en posesión do título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.

    2. Estea exento de realizar a proba específica de acceso ao grao superior das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño por experiencia laboral, de polo menos un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao medio e superior ao que se queira acceder.

    3. Estea en posesión do título de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexe cursar ou título declarado equivalente.

    4. Estea en posesión do título superior de artes plásticas, título superior de deseño ou título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

    5. Estea en posesión do título de arquitectura...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR