Resolución do 3 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de comercio en Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyResolución

O Real decreto 1179/2008, do 11 de xullo, estableceu, entre outras, a cualificación profesional de nivel 1 de actividades auxiliares de comercio, pertencente á familia profesional de comercio e márketing, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.

A Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 8 que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan se desenvolverán por medio de resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de comercio en Galicia.

Segundo.-Identificación.

O programa de cualificación profesional inicial de comercio queda identificado polos seguintes elementos:

-Denominación: comercio.

-Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

-Duración: 580 horas.

-Familia profesional: comercio e márketing.

Terceiro.-Competencia xeral.

Realizar actividades auxiliares de reposición e acondicionamento no punto de venda, e de repartición de proximidade, seguindo instrucións e criterios establecidos, utilizando o equipamento necesario, respectando as normas de seguridade e saúde, e prestando, en caso necesario, atención e información protocolizada e estruturada á clientela no punto de venda ou no servizo de repartición de proximidade.

Cuarto.-Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan a seguir:

  1. Realizar a reposición de produtos seguindo as instrucións e os criterios establecidos, respectando as normas de seguridade e saúde e utilizando o equipamento de protección individual, co fin de garantir o abastecemento no tempo indicado e no xeito establecido.

  2. Realizar o reconto de produtos no punto de venda, utilizando o equipamento adecuado, coa periodicidade e as instrucións recibidas, para detectar ocos e necesidades de abastecemento, e manter actualizada a información no punto de venda.

  3. Colocar os expositores e os elementos de animación do punto de venda, no lugar e no modo indicados por persoal superior xerárquico, seguindo as instrucións e os criterios establecidos de seguridade e de merchandising, co fin de atraer a atención da clientela, orientala e informala.

  4. Dispor os elementos de seguridade e as etiquetas nos produtos expostos no punto de venda, consonte as instrucións recibidas, de forma manual e mecánica, e utilizando o equipamento de etiquetaxe e de seguridade adecuado para garantir a seguridade, a actualización e a veracidade da información á clientela no punto de venda.

  5. Manter o acondicionamento, a orde e a limpeza do punto de venda e da súa moblaxe, en función das instrucións recibidas, respectando as normas de seguridade e saúde e utilizando os medios e os equipamentos de protección individual acaídos.

  6. Empaquetar produtos consonte a imaxe e os criterios comerciais do establecemento, utilizando o material e as técnicas específicas para unha presentación do produto correcta e atractiva.

  7. Realizar a selección de mercadorías ou produtos de xeito efectivo, ordenado e seguro, para a preparación do pedido na forma e no tempo establecidos, seguindo as instrucións recibidas, e respectando as normas de manipulación, seguridade e saúde, conforme a orde de pedido.

  8. Conformar o pedido con garantía de exactitude e correspondencia co consignado na orde de preparación e pedido, utilizando as ferramentas e os equipamentos de control e de peso de mercadorías.

  9. Embalar a unidade de pedido, a caixa ou o palé, entre outros, utilizando o material, os equipamentos e os medios de embalaxe adecuados, seguindo as instrucións recibidas, en condicións de seguridade e saúde, co fin de preservar a conservación e a estabilidade do pedido ata o seu destino final.

  10. Adoptar as medidas adecuadas para o cumprimento das ordes de movemento e repartición de proximidade no tempo indicado e na forma establecida.

  11. Cargar e descargar vultos, caixas ou produtos en transpalés ou carretas de man, mantendo a estabilidade e o equilibrio da carga, adoptando as medidas para evitar accidentes e lesións, e respectando as normas de seguridade e saúde.

  12. Trasladar vultos, caixas ou produtos no tempo indicado e na forma establecida, conducindo transpalés ou carretas de man e respectando as normas de seguridade e saúde.

  13. Realizar as verificacións e o mantemento de primeiro nivel de equipamentos de traballo móbiles, transpalés ou carretas de man.

  14. Colaborar nas actividades promocionais e de atención a clientes, dando información, resposta e orientación básica acerca dos produtos no punto de venda.

  15. Proporcionarlle un trato adecuado e protocolizado á clientela na repartición de pedidos e produtos a domicilio, co fin de prestar un servizo de calidade.

  16. Atender, no marco da súa responsabilidade, as queixas da clientela seguindo o procedemento e o protocolo establecidos, ou derivalas á persoa responsable.

  17. Cumprir a actividade con orde, rigor e limpeza, consonte a documentación e as instrucións xerais recibidas.

  18. Adaptarse aos postos de traballo e a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios tecnolóxicos producidos na evolución da profesión.

  19. Manter relacións fluídas cos membros do grupo en que se estea integrado e participar na organización e no desenvolvemento das tarefas colectivas para a consecución dos obxectivos asignados, mantendo unha actitude tolerante e respectando o traballo do resto do persoal.

  20. Establecer comunicacións verbais, escritas ou gráficas con outros departamentos.

  21. Resolver problemas e tomar decisións individuais, seguindo normas establecidas ou procedementos definidos dentro do ámbito da súa competencia, e consultar as devanditas decisións cando a súa repercusión sexa importante.

  22. Adaptarse á organización específica da empresa integrándose no sistema de relacións técnico-laborais.

  23. Interpretar e executar as instrucións recibidas e responsabilizarse do labor desenvolvido, comunicándose eficazmente coa persoa axeitada en cada momento.

  24. Habituarse ao ritmo de traballo da empresa cumprindo os obxectivos de rendemento diario definidos na súa propia organización.

  25. Amosar unha actitude de respecto cara ao resto do persoal, cara aos procedementos e cara ás normas internas da empresa.

Quinto.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais incluídas no perfil profesional.

Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:

Actividades auxiliares de comercio, COM412_1 (Real decreto 1179/2008), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

-UC1326_1: preparar pedidos de xeito eficaz e eficiente, seguindo procedementos establecidos.

-UC1327_1: realizar operacións auxiliares de reposición, disposición e acondicionamento de produtos no punto de venda.

-UC1328_1: manipular e trasladar produtos na superficie comercial e na repartición de proximidade, utilizando transpalés e carretas de man.

-UC1329_1: proporcionarlle atención e información operativa, estruturada e protocolizada á clientela.

Sexto.-Contorno profesional.

  1. Ámbito profesional. Desenvolve as súas funcións en establecementos comerciais (tendas, supermercados e hipermercados) por conta allea ou por conta propia, no caso da repartición de proximidade, seguindo as instrucións recibidas e baixo a supervisión directa dunha persoa responsable do establecemento ou da repartición comercial.

  2. Sectores produtivos. Sector de comercio e, nomeadamente, no comercio por xunto e polo miúdo, supermercados, grandes superficies comerciais e centros de distribución comercial.

  3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables.

    -Auxiliar de dependente de comercio.

    -Repoñedor/a.

    -Preparador/a de pedidos.

    -Repartidor/a de proximidade a pé.

    Sétimo.-Módulos específicos.

  4. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I desta resolución.

  5. Son os que se relacionan a seguir:

    -ME0083. Operacións auxiliares no punto de venda.

    -ME0084. Preparación de pedidos.

    -ME0085. Manipulación e movementos con transpalés e carretas de man.

    -ME0086. Atención básica á clientela.

    -ME0087. Formación en centros de traballo.

    Oitavo.-Espazos e equipamentos.

  6. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.

  7. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

  8. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

    Noveno.-Profesorado e persoas formadoras.

  9. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establécese no anexo III A) desta resolución.

  10. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.

  11. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en contornos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.

    Décimo.-Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que inclúe o programa.

    A relación dos módulos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR