Orde do 10 de outubro de 2002 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, para cubriren prazas na Escola de Restauración e Bens Culturais de Pontevedra.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 208, Luns 28 de Outubro de 2002IV. Oposicións e Concursos › CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Enlazado como:

Extracto


Orde do 10 de outubro de 2002 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, para cubriren prazas na Escola de Restauración e Bens Culturais de Pontevedra.

Por Decreto 352/1991, do 17 de outubro (DOG do 24 de outubro), créase a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, con sede en Pontevedra.

Por Orde do 20 de febreiro de 1992, aprobouse o currículum e reguláronse as ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais.

Desde o ano 1991 estas ensinanzas veñen sendo impartidas por funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

A Lei 24/1994, do 12 de xullo, pola que se establecen normas sobre concursos de provisión de postos de traballo por funcionarios docentes, autoriza as comunidades autónomas a realizar, en calquera momento, procesos de redistribución en recolación dos seus efectivos.

Na súa aplicación e existindo vacantes na Escola de Restauración e Bens Culturais de Pontevedra, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispón convocar concurso de traslados de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Convócase concurso de traslados, de acordo coas especificacións que se citan nesta orde, para a provisión de prazas vacantes entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario (corpo 590) e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño (corpo 595 e 596 respectivamente).

Este concurso rexerase polas seguintes disposicións: Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes; Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública; Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia; Real decreto 2112/1998, do 2 de o...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




Documentos citados




Ver Outros Documentos que Citan a Mesma Lexislación

ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía