Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
Rango de LeyDecreto

A través do Decreto 306/2001, do 15 de decembro, estableceuse a estructura orgánica da Xunta de Galicia, modificada polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro. Posteriormente, fíxase a través do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, a estructura orgánica dos seus departamentos. No artigo 11 da citada norma estableceuse a estructura orgánica básica da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, a cal se desenvolve agora a través deste decreto.

De acordo co anterior, faise necesario acomodar esta estructura ata o nivel de xefatura de servicio, distribuíndo as funcións asignadas dun xeito racional, para así conferi-la máxima eficacia no exercicio delas.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro, co informe previo das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de marzo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado é o órgano da Administración autonómica ó que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de familia, infancia e menores, muller, xuventude, deportes e voluntariado, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española.

Artigo 2º

Un. A Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado desempeñará as funcións da súa competencia a través dos seguintes órganos superiores:

  1. O/a conselleiro/a.

  2. Secretaría Xeral.

  3. Dirección Xeral de Familia.

  4. Dirección Xeral de Xuventude.

  5. Dirección Xeral para o Deporte.

  6. Dirección Xeral do Voluntariado

  7. As delegacións provinciais.

    Dous. O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, organismo autónomo de carácter administrativo con categoría de dirección xeral, adscríbese á Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado e rexerase en canto ós seus obxectivos, funcións, estructura e funcionamento polo previsto na Lei galega 3/1991, do 14 de xaneiro, da súa creación, e polo Decreto 312/1999, do 11 de novembro, polo que se refunde a normativa existente en materia de muller e demais normas que a desenvolvan, modificado polo Decreto 249/2002, do 18 de xullo.

  8. O/A conselleiro/a.

Artigo 3º

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e, con tal carácter, está investido/a das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

  1. A Secretaría Xeral.

Artigo 4º

Un. A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con tódalas unidades e servicios dependentes da consellería, a coordinación das publicacións editadas pola consellería, así como

as funcións relativas á xestión do programa estatístico anual da consellería considerada no Plan Galego de Estatística sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística, así como aquelas que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do/a titular do departamento.

Dous. Para o exercicio das súas funcións, a secretaría xeral estructúrase nas seguintes unidades:

  1. Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación Administrativa.

    Esta unidade exercerá as funcións de xestión de persoal, réxime interno, asistencia técnico-xurídica, organización do rexistro xeral da consellería, coordinación do sistema de xestión de procedementos administrativos e outras de contido administrativo que lle atribúa o secretario xeral.

    Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas co nivel orgánico de servicio:

    1.1. Servicio de Persoal e Réxime Interno.

    Corresponderanlle as seguintes funcións:

    -A ordenación e o control da xestión de todo o persoal da consellería, sen prexuízo da competencia doutros órganos e unidades e, en especial, a xestión e administración ordinaria do persoal funcionario e laboral adscrito ás súas dependencias centrais.

    -A formulación das propostas relativas ás relacións de postos de traballo de todo o persoal funcionario e laboral da consellería.

    -As propostas de adopción de criterios básicos e comúns para a coordinación e homologación da xestión de persoal.

    -O mantemento e actualización da base de datos de persoal funcionario e laboral e a organización, custodia e o arquivo dos seus expedientes.

    -A xestión dos plans de formación do persoal que presta os seus servicios no ámbito da consellería.

    -A coordinación, xestión e difusión da información relativa a recursos humanos e ós cidadáns.

    -O estudio, a tramitación e formulación das propostas de resolución dos expedientes, reclamacións e recursos que se formulen en materias relativas ó persoal da consellería.

    -A execución de sentencias en materia de persoal funcionario e laboral da consellería.

    -A tramitación dos expedientes de incompatibilidade e disciplinarios referentes ó persoal da consellería.

    -A xestión e tramitación da nómina de persoal adscrito ós servicios centrais da consellería.

    -O cumprimento das obrigas da consellería en materia de Seguridade Social e dereitos pasivos.

    -A confección dos estudios previos á elaboración da proposta do anteproxecto dos orzamentos do capítulo I da consellería e as propostas de modificacións de crédito.

    -O estudio, seguimento e control da execución do estado de gastos en materia orzamentaria do capítulo I da consellería.

    -Control do funcionamento do rexistro xeral da consellería, do arquivo e os restantes aspectos relacionados co réxime interior, así como o control da asistencia e puntualidade.

    1.2. Servicio Técnico Xurídico.

    Corresponderalle o exercicio das seguintes funcións:

    -O estudio e tramitación de tódolos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral emanados dos distintos centros directivos da consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas desta.

    -O estudio, tramitación e proposta de resolución das reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións emanados dos distintos órganos da consellería, cando non lles estean atribuídos a outros órganos daquela.

    -O estudio, preparación e informe dos asuntos que, tralo paso pola Comisión de Secretarios Xerais, se eleven ó Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos acordos desta.

    -A coordinación para a súa remisión e correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos dictados polos órganos da consellería.

    -Levar a cabo as funcións que a consellería teña encomendadas sobre as fundacións de interese galego sobre as cales exerza o protectorado.

    -A tramitación de expedientes sobre cuestións demaniais ou patrimoniais, en canto sexa competencia da consellería.

    -En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia, polo secretario xeral.

  2. Subdirección Xeral de Contratación e Control Orzamentario.

    Levará a cabo a confección do borrador do anteproxecto de orzamentos da consellería e o seu seguimento e control, a tramitación e xestión dos expedientes de contratación relativos a obras, servicios, subministracións, consultoría e asistencias da consellería, así como os de cooperación e colaboración coas entidades locais en materia de investimento, a elaboración do plan de necesidades de obras e equipamentos das distintas unidades e centros da consellería, así como a coordinación da súa execución e calquera outra de contido administrativo que lle atribúa o secretario xeral.

    Para o desenvolvemento das distintas funcións e servicios contará coas seguintes unidades, co nivel orgánico de servicio:

    2.1. Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

    A este servicio corresponderalle a elaboración do borrador do anteproxecto de orzamentos da conse

    llería, así como a execución, seguimento, coordinación e o seu control. Levará a cabo, igualmente, a tramitación dos expedientes de modificación orzamentaria, habilitación de pagamentos e adquisición, xestión e control de medios materiais para o funcionamento ordinario da consellería.

    2.2. Servicio de Contratación e Obras.

    A este servicio corresponderalle a xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da consellería, cando se trate de obras, xestión de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR