ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para revisión de ordenación de volumes en RE-3, promovido de oficio polo Concello de Paradela.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONCELLO DE PARADELA
Rango de LeyAnuncio

O Pleno da corporación, na sesión que tivo lugar o día 17 de xullo de 2014, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle promovido de oficio polo concello denominado aprobación do estudo de detalle para revisión da ordenación de volumes en RE-3, co obxecto de reordenar os volumes previstos neste ámbito, ao abeiro do disposto no PXOM, que prevé a realización dos estudos de detalle co fin de modificar os parámetros establecidos.

Segundo. Notificárllelo persoalmente aos interesados; publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e, xunto coa normativa urbanística aprobada, no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Dar traslado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da documentación a que se fai referencia no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dando traslado de dous exemplares do instrumento definitivamente aprobado.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 18 de xullo de 2014, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR