DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

A Lei 8/1987, do 25 de novembro (DOG do 20 de xaneiro de 1988), establece no seu artigo 1 que os estudos de bacharelato, formación profesional e artes aplicadas e oficios artísticos serán gratuítos nos centros públicos, e non estarán suxeitos ao pagamento de taxas académicas. Igualmente, o artigo 3 dispón que constitúe o feito impoñible das taxas académicas a prestación polos centros públicos dos servizos que figuran no artigo 6 desta lei, correspondentes ás escolas de idiomas e conservatorios de música, así como a outras modalidades e centros de estudio que no futuro poidan existir en Galicia, tales como escolas de arte dramática, danza, canto, cerámica e restauración.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incorpora, no seu capítulo VIII, as ensinanzas deportivas como ensinanzas de réxime especial, dentro da educación secundaria postobrigatoria. Tendo en conta o establecido na citada Lei 8/1987, do 25 de novembro, as ensinanzas deportivas están suxeitas ao pagamento de taxas académicas.

Así mesmo, a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 46, dispón que a definición do contido das ensinanzas artísticas superiores, así como a súa avaliación, se fará no contexto da ordenación da educación superior española no marco europeo e coa participación do Consello Superior de Ensinanzas Artísticas e, de ser o caso, do Consello de Coordinación Universitaria. En consecuencia, publicouse o Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores, co obxecto de desenvolver a súa estrutura e os aspectos básicos de ordenación das ensinanzas artísticas superiores, de conformidade coas liñas xerais emanadas do Espazo Europeo de Educación Superior.

Por outra parte, a Lei 6/2003, do 9 de decembro, regula as taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e establece no seu artigo 43 que se entende por prezos públicos; igualmente, no seu artigo 47.1, establece que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería de que dependa o órgano ou a entidade oferente.

A norma que determina os prezos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de réxime especial de música, danza, idiomas, arte dramática, deseño e conservación e restauración de bens culturais é o Decreto 156/2002, do 18 de abril (DOG do 3 de maio), modificado polo Decreto 147/2006, do 31 de agosto (DOG do 8 de setembro), polo que se establecen os prezos públicos dos conservatorios de música, centros autorizados de música, conservatorios de danza, centros autorizados de danza, escolas oficiais de idiomas e Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Tendo en conta que desde a promulgación das anteditas normas ata a actualidade non se modificaron os prezos públicos, e que se implantaron as ensinanzas artísticas superiores establecidas na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e as ensinanzas deportivas, cómpre fixar os prezos destas ensinanzas, así como axustar os xa existentes noutros ámbitos educativos co obxecto de homoxeneizar os criterios para a súa aplicación, mediante a publicación do correspondente decreto.

Os prezos públicos regulados neste decreto establécense de acordo co artigo 9 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, co fin de procurar a consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminación de toda discriminación derivada de prexuízos sociais fundamentados no xénero, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de persoas con discapacidade, e de acordo co artigo 7.1 da Lei 32/1999, do 8 de outubro, de solidariedade coas vítimas do terrorismo, así como co establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección de familias numerosas.

De conformidade co exposto, por proposta da persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, tras o informe da Consellería de Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de xuño de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo 1 Obxecto e ámbito de aplicación
  1. Mediante este decreto apróbanse os prezos públicos das ensinanzas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia que se establecen no anexo. Así mesmo, establécese o réxime de bonificacións e exencións que se lles aplicarán.

  2. O alumnado que curse estudos en centros autorizados de música e de danza, de deportes, e superiores de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR