Orde do 21 de febreiro de 2005 pola que se convoca a fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego de diversas categorías.

Extracto


Orde do 21 de febreiro de 2005 pola que se convoca a fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego de diversas categorías.

A base décimo segunda das ordes do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), polas

que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde das categorías de persoal técnico de grao medio en organización e administración sanitaria, grupo administrativo, cociñeiro, costureira, limpadora e pinche establece que, rematada a fase de selección, se iniciará a fase de provisión.

Rematada xa a fase de selección das devanditas categorías procede agora convocar a súa fase de provisión, polo que esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Publicar a convocatoria da fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego das categorías de persoal técnico de grao medio en organización e administración sanitaria, grupo administrativo, cociñeiro, costureira, limpadora e pinche, convocadas polas ordes do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e de 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), así como aprobar as bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II desta ord...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía