Orde do 30 de abril de 2004 pola que se convoca a fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego da categoría de facultativo especialista de área de neuroloxía.

Extracto


Orde do 30 de abril de 2004 pola que se convoca a fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego da categoría de facultativo especialista de área de neuroloxía.

A base décimo segunda da Orde do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro) pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde da categoría de facultativo especialista de área de neuroloxía establece que, finalizada a fase de selección, se iniciará a fase de provisión.

Rematada xa a fase de selección da categoría de facultativo especialista de área de neuroloxía convocada pola orde antes citada, procede agora convocar a súa fase de provisión, polo que esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Publicar a convocatoria da fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego da categoría de facultativo especialista de área de neuroloxía, convocada pola Orde do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), así como aprobar as bases e o baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II desta orde.

Artigo 2º

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, os tribunais encargados de xulgar o proceso e os que participen nel.

2. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes poderá interpoñerse recurso de reposición ante esta consellería.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos t...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía