Resolución do 10 de abril de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Farrapa I, nos concellos de Abadín, Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A. (Expediente 065-EOL).

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 79, Martes 25 de Abril de 2006VI. Anuncios › CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

Enlazado como:

Extracto


Resolución do 10 de abril de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Farrapa I, nos concellos de Abadín, Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A. (Expediente 065-EOL).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 29 de marzo de 2006, relativa ao proxecto do Parque Eólico Farrapa I, nos concellos de Abadín, Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía S.A. (expediente 065-EOL) e que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2006.

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 29 de marzo de 2006, relativa ao proxecto do Parque Eólico Farrapa I, nos concellos de Abadín, Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A. (clave: 2005/0306).

Antecedentes.

O proxecto do Parque Eólico Farrapa I, promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A., consiste na execución dun parque eólico de 50 MW de potencia total nos concellos de Abadín, Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), constituído por 25 aeroxeradores de 2.000 kW de potencia unitaria.

Na Resolución do 6 de maio de 2004, da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2004, incluíuse o Parque Eólico Farrapa I (fase I), cunha potencia de 20 MW.

Polo anterior, o promotor divide o proxecto en dúas fases de execución, a primeira de 10 aeroxeradores (do A-1 ao A-10) e a segunda cos 15 restantes (B-1 a B-15). Non obstante, o estudo de impacto ambiental presentado perante a Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Lugo para a tramitación do proxecto comprende a totalidade do parque eólico, especificando na epígrafe de descrición do proxecto as instalacións que corresponden a cada unha das dúas fases de construción.

Dentro do procedemento de autorización administrativa do parque eólico, o proxecto sométese ao trámite de a...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía