Resolución do 24 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto do Parque Eólico Ampliación Fontesilva, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), promovido por Desarrollos Eólicos, S.A.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 248, Martes 28 de Decembro de 2010VI. Anuncios › CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Enlazado como:

Extracto


Resolución do 24 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto do Parque Eólico Ampliación Fontesilva, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), promovido por Desarrollos Eólicos, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5º.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no 4 de novembro de 2010, relativa ao proxecto do Parque Eólico Ampliación Fontesilva, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña) promovido por Desarrollos Eólicos, S.A., e que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2010.

Ángel Bernardo Tahoces

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 4 de novembro de 2010, relativa ao proxecto do Parque Eólico Ampliación Fontesilva, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), promovido por Desarrollos Eólicos, S.A.

(Clave: 2010/0148)

Antecedentes:

Por imposibilidade do tecnólogo de subministrar ao promotor o modelo de aeroxerador previsto no seu momento para o Parque Eólico Fontesilva (que conta con declaración de impacto ambiental do 7 de outubro de 2008 e está en funcionamento na actualidade), este viuse na necesidade de modificar o proxecto do dito parque cambiando o tipo de máquina que se ía instalar, concretamente por unha de menor potencia unitaria, o modelo Vestas V90 de 1.800 kW. Con este cambio a potencia total do parque reduciuse de 27,6 a 21,6 MW.

Posteriormente, por Resolución do 17 de decembro de 2009, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizou a recolocación de potencia entre unha serie de parques do plan eólico estratéxico da sociedade Desarrollos Eólicos, S.A., de tal xeito que o de Fontesilva podía desenvolver unha potencia máxima de 28,80 MW. Por tanto, o promotor dispoñía de 7,2 MW sen esgotar nesa zona.

Tendo en conta o anterior e co obxecto de aproveitar a dita potencia, Desarrollos Eólicos, S.A. solicitou perante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña o inicio do procedemento de autorización administrativa dun parque eólico de 7,2 MW de potencia total nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), composto por 4 aeroxeradores de 1.800 kW de potencia nominal unitaria, que se constituiría como unha ampliación do citado Parque Eólico Fontesilva.

Dentro do referido procedemento de autorización administrativa, sométese o proxecto ao trámite de avaliación de impacto am...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía