Decreto 455/2003, do 5 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio de serigrafía artística, de artes plásticas e deseño, correspondente á familia profesional de artes aplicadas ó libro, así como o acceso ó dito ciclo formativo.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 16, Luns 26 de Xaneiro de 2004I. Disposicións Xerais › CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Enlazado como:

Extracto


Decreto 455/2003, do 5 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio de serigrafía artística, de artes plásticas e deseño, correspondente á familia profesional de artes aplicadas ó libro, así como o acceso ó dito ciclo formativo.

Tendo en conta o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, sobre os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, publicado o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, polo que se establecen as directrices xerais sobre os títulos e as ensinanzas mínimas de formación profesional e que habilita as comunidades autónomas para a execución e desenvolvemento desta norma, definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ó título de técnico de artes plásticas e deseño en serigrafía artística polo Real decreto 1387/1992, do 4 de agosto, procede establece-lo currículo do ciclo formativo de grao medio de serigrafía artística, de artes plásticas e deseño, correspondente á familia profesional de artes aplicadas ó libro, así como o acceso ó dito ciclo formativo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño están constituídas por un conxunto de ciclos formativos cunha organización modular variable tanto na súa duración como na diversidade de áreas de coñecemento teórico-prácticas en función dos distintos campos profesionais. As capacidades terminais dos distintos módulos profesionais, definidos neste decreto, describen o comportamento conxunto do alumnado en termos de resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia xeral. Estes aspectos básicos aseguran unha cualificación común do titulado, garantía do título en todo o Estado e de correspondencia europea das cualificacións outorgadas ós alumnos.

Nesta liña cómpre asegurar no alumnado unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e do deseño. Por iso, o currículo inclúe, ademais dos coñecementos académicos vinculados ó ensino máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional e que permitan a incorporación dos rapaces á vida activa, cun grao de formación que lles permita adaptarse ás modificacións que se poidan producir ó longo da súa vida e que contribúa á formación permanente dos cidadáns ó tempo qu...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía