Resolución do 18 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para o apoio á execución de programas sobre igualdade no ámbito universitario e dos organismos públicos de investigación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é un principio básico e fundamental recoñecido na Constitución española. O seu artigo 1º.1 establece a igualdade como un valor superior do ordenamento xurídico, e o artigo 9º.2 formula o mandamento expreso aos poderes públicos para que a fagan efectiva, prohibindo o artigo 14º expresamente calquera discriminación por razón de sexo.

O Estatuto de autonomía determina, no seu artigo 4º, que lles corresponde aos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social.

A Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, establece o compromiso da comunidade autónoma na eliminación da discriminación entre mulleres e homes e na promoción da igualdade no ámbito laboral e formativo. En concreto, o seu artigo 11º -As cuestións de xénero no eido da educación superior-, establece que a Xunta de Galicia fomentará, sen vulnerar o réxime de autonomía universitaria, a docencia, o estudo e a investigación das cuestións de xénero no ámbito da educación superior, e para estes efectos:

  1. Promoverase a creación de cátedras sobre cuestións de xénero nas facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias.

  2. Potenciarase a realización de proxectos de estudo e investigación sobre cuestións de xénero e/ou de proxectos de estudo e investigación en que se integre unha perspectiva de xénero.

No Decreto 79/2009, do 19 de abril, que establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e no Decreto 215/2010, do 16 de decembro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral da Igualdade configúrase como órgano superior da Administración da comunidade autónoma, a que lle corresponden, entre outras, as competencias de promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, segundo o disposto na Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, así como propor medidas, programas e normas dirixidas á promoción do exercicio efectivo dos dereitos das mulleres, a incrementar a súa participación na vida económica, laboral, política, social e cultural e a eliminar as discriminacións existentes entre sexos.

Mediante esta resolución convócanse axudas dirixidas ás universidades públicas do sistema universitario galego (en diante SUG) e entes de dereito público da Comunidade Autónoma Galega que se dediquen á investigación sobre cuestións de xénero e/ou a proxectos de estudo e investigación nos cales se integre unha perspectiva de xénero. Estas axudas, que recoñecen e premian o esforzo na obtención de resultados de calidade, concédense sobre a base do compromiso de desenvolver un programa que teña en conta, e como obxectivo principal, temas relacionados coa igualdade de oportunidades e as problemáticas actuais das mulleres, prevendo a súa renovación en función do cumprimento dos obxectivos fixados.

Estas axudas enmárcanse no tema prioritario 69 do eixe 2 e tamén na liña de acción incluída na medida 72 do eixe 3 do Programa operativo do Fondo Social Europeo 2007/2013, a través da cal se pretende promover reformas que fomenten a empregabilidade nos procesos de educación e formación universitaria e a investigación a través da implementación de políticas de igualdade nestes eidos. Para isto, preténdese crear redes de colaboración, para os efectos de implicar na aplicación destas políticas o maior número posible de departamentos, áreas universitarias e organismos de investigación. Así, conseguiremos fomentar a empregabilidade cuantitativa e cualitativamente a través da aplicación na investigación e na ensinanza superior da igualdade de oportunidades por medio de centros específicos de igualdade, actuacións concretas e estudos sobre o eido de referencia.

As axudas que se concedan, dado que as actividades de I+D non se realizan por conta ou en colaboración con empresas, non teñen a consideración de axudas do Estado para os efectos do número 1 do artigo 87º do Tratado constitutivo da Comunidade Europea e do «encadramento comunitario sobre axudas de Estado de investigación e desenvolvemento» (96/C45/06).

A convocatoria destas axudas axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño), ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia (DOG nº 20, do 29 de xaneiro), no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG nº 214, do 5 de novembro), na Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónomo de Galicia para o ano 2011, e no que resulte de aplicación, a Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, do 18 de novembro) e no seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2007, do 21 de xullo (BOE nº 176, do 25 de xullo).

Por todo o exposto, en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º Finalidade e réxime de axudas.
  1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións da Secretaría Xeral da Igualdade, para o apoio á execución de programas sobre igualdade no ámbito universitario e dos organismos públicos de investigación delimitados na convocatoria. Estas actuacións son encadrables nos eixes/temas prioritarios 2.69 e 3.72, do P.O. do FSE Galicia 2007-2013.

    As axudas teñen por obxecto a implementación de actuacións específicas de igualdade de oportunidades no SUG, promovendo a creación e o mantemento de centros, oficinas, cátedras e unidades de xénero ou a realización de cursos e actividades específicas neste eido e nos entes de dereito público da Comunidade Autónoma Galega que se dediquen á investigación, sempre que os ditos programas ou actuacións se leven a cabo coa colaboración de diferentes departamentos ou áreas universitarias ou organismos de investigación.

  2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas subvencións para programas que se desenvolvan entre o 1 de outubro do ano 2010 e o 30 de setembro do ano 2011 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, cos tipos que a seguir se indican:

    1. Axudas dirixidas ás universidades públicas:

      -Para a creación e mantemento de unidades, oficinas, cátedras e centros de xénero.

      -Para a realización de cursos de posgrao, conferencias, xornadas e actividades sobre cuestións de xénero e/ou que integren unha perspectiva de xénero.

      -Para a realización e difusión de estudos e investigacións sobre cuestións de xénero e/ou que integren unha perspectiva de xénero.

    2. Axudas a organismos públicos de investigación, constituídos por entes de dereito público da comunidade autónoma:

      -Para a realización de cursos, conferencias, xornadas e actividades sobre cuestións de xénero e/ou que integren unha perspectiva de xénero.

      -Para a realización e difusión de estudos e investigacións sobre cuestións de xénero e/ou que integren unha perspectiva de xénero.

Artigo 2º Financiamento e concorrencia.
  1. As subvencións imputaranse ás aplicacións orzamentarias que se indican no seguinte cadro. Estas aplicacións están cofinanciadas ao 80% con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2007-2013.

    Ver referencia pdf "01500D002P007.PDF"

    A cantidade citada poderá ser incrementada de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias e sempre que o incremento derive dos supostos establecidos no artigo 31º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  2. Á vista do volume das solicitudes presentadas, mediante resolución da secretaria xeral da Igualdade poderá redistribuírse entre elas o crédito aprobado, limitándose sempre ás dispoñibilidades orzamentarias. En función desas dispoñibilidades poderán incrementarse as contías destinadas ás subvencións que se convocan, sen que isto supoña ampliación do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 3º Remisión normativa.

Para todo o non previsto nesta resolución observarase o disposto no Regulamento (CE) 1081/2006, do 5 de xullo, relativo ao Fondo Social Europeo; no Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR