RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación administrativa especial de organización e desenvolvemento de cursos de inglés para alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes dependentes desta consellería (expediente ED-DXEFPIE-03/14SE).

SecciónVI. Anuncios
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyResolución
  1. Entidade adxudicadora.

    1. Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    2. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

    3. Número de expediente: ED-DXEFPIE-03/14SE.

  2. Obxecto do contrato.

    1. Descrición do obxecto: organización e desenvolvemento de cursos inglés para alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    2. División por lotes e número: lote único.

    3. Lugar de execución: Galicia.

    4. Prazo de execución: a duración da prestación será desde a sinatura do contrato ata o remate dos cursos, actividades e entrega de documentación, que terá como prazo máximo o 31 de decembro de 2014.

  3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

    1. Tramitación: urxente.

    2. Procedemento: aberto.

    3. Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

  4. Orzamento base de licitación.

    Prezo: o valor estimado do contrato é de 198.000,00 euros (IVE excluído), IVE: 41.580,00 euros.

    Importe total: 239.580,00 euros.

  5. Garantías.

    1. Provisional: non se exixe.

    2. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

  6. Obtención de documentación e información.

    1. Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    2. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

    3. Teléfono: 981 95 75 38.

    4. Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

    http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20925

  7. Presentación das ofertas.

    1. Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de oito (8) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

    2. Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

    3. Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

    4. Lugar de presentación:

    1. ) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

      Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR