ANUNCIO do 26 de outubro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe do Servizo de Cirurxía Cardiovascular.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorSERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rango de LeyAnuncio

Convocada pola Resolución do 21 de xuño de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 17 de xullo), a provisión dun posto de xefe do Servizo de Cirurxía Cardiovascular da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, esta Xerencia, de conformidade coa competencia atribuída na Orde da Consellería de Sanidade do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe do Servizo de Cirurxía Cardiovascular da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, convocado pola Resolución do 21 de xuño de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 17 de xullo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR