Resolución do 24 de marzo de 2006 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servizos de soporte e mantemento para a mellora evolutiva da plataforma de publicación na internet e intranet da Xunta de Galicia, así como o soporte e mantemento correctivo e evolutivo dos servizos de publicación actuais dentro da infraestrutura de publicación na internet da Xunta de Galicia.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución
  1. Obxeto: contratación dos servizos de soporte e mantemento para a mellora evolutiva da plataforma de publicación na internet e intranet da Xunta de

    Galicia, así como o soporte e mantemento correctivo e evolutivo dos servizos de publicación actuais dentro da infraestrutura de publicación na internet da Xunta de Galicia.

  2. Orzamento de licitación: 230.000 euros, IVE incluído.

  3. Prazo de execución: o prazo de execución total é de oito meses que empezarán a contar desde a data de formalización do contrato.

  4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

    As copias da documentación poderán solicitarse en Copy Nino, r/ Xeneral Pardiñas, 2, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 58 89 38, mediante o aboamento do importe que corresponda.

    Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=6404

  5. Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 4 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

  6. Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

  7. Fianza provisoria: exímese.

  8. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

  9. Modelo de proposición: o que figura como anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

  10. Prazo de presentación de proposicións: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día que resulte de contar 8 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

    A presentación das proposicións poderá facerse, á escolla do licitador, por vía escrita ou por vía telemática:

    Vía escrita:

    As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do Edificio Administrativo Central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

    No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

    Proposición para tomar parte no concurso por trámite...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR