Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.
DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 253, Mércores 31 de Decembro de 2008 › I. Disposicións Xerais › PRESIDENCIA
Enlazado como:DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 253, Mércores 31 de Decembro de 2008 › I. Disposicións Xerais › PRESIDENCIA
Enlazado como:Extracto
Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.
Exposición de motivos
IOs orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 son o principal instrumento do Goberno galego para o desenvolvemento da súa política económica. Están elaborados nun contexto económico e financeiro que vén claramente marcado polas incertezas manifestadas sobre o crecemento da economía mundial, derivadas do endurecemento da crise financeira internacional, que motiva unha revisión á baixa do crecemento da maioría das economías occidentais.Os datos relativos á primeira metade de 2008 e os indicadores dispoñibles para o terceiro trimestre reflicten unha situación económica que, nos países avanzados, amosa unha tendencia contractiva que ten como efecto a diminución do consumo privado e do investimento.Galicia posúe unha economía cun alto grao de apertura exterior, moi integrada nos mercados internacionais, e, polo tanto, non poderá quedar á marxe da traxectoria xeral que sigan os países máis desenvolvidos.Non obstante, desde a perspectiva económica, nos tres últimos anos Galicia experimentou un notable cambio, rompendo unha crónica tendencia. A produción de bens e servizos creceu en Galicia máis que en España, o que propiciou unha aceleración do ritmo de converxencia en renda por habitante con España e coa Unión Europea, configurándose, polo tanto, unha base menos dependente dos sectores particularmente sensibles ao cambio do ciclo que nos permite afrontar o futuro inmediato nunha posición lixeiramente máis favorable que o noso contorno e manter un diferencial razoable na senda de crecemento.Con todo, o novo escenario económico ten a súa repercusión nas fontes de ingresos da Comunidade Autónoma e fai necesario que as estimacións orzamentarias se adecúen a unhas dispoñibilidades financeiras máis limitadas, constituíndo asemade un estímulo necesario para a mellora da eficiencia das asignacións dos recursos públicos nas diferentes políticas de gasto plasmadas nos orzamentos.Así, para 2009 os orzamentos defínense nun marco de austeridade e contención do gasto público e elabóranse en concordancia cunha orzamentación orientada a resultados, que permite reforzar a conexión entre o proceso orzamentario e a planificación estratéxica do Goberno.Continuando no impulso do proceso de cambio no sistema de planificación, programación e elaboración orzamentaria iniciado nesta lexislatura para o establecemento dun sistema de orzamento por resultados, os orzamentos de 2009 reflicten o esforzo realizado polos distintos centros xestores para establecer os plans e programas de gasto no marco das prioridades e obxectivos estratéxicos e operativos, marcando deste xeito un salto cualitativo no sistema de asignación de recursos e na avaliación de resultados das diferentes políticas públicas.As contas de 2009 articúlanse ao redor de tres eixes estratéxicos en coherencia coa política económica do Goberno:En primeiro lugar, o impulso á actividade económica para contrarrestar os efectos da crise incrementando a produtividade e competitividade da economía galega.No mesmo senso, o reforzo da solidariedade social e a mellora dos servizos públicos básicos, incrementando a protección social dos colectivos máis débiles e o nivel de servizos sociais acadado na sociedade galega, e por último a contención do gasto corrente canalizando os recursos orzamentarios cara ao investimento en capital produtivo.No mesmo senso, os orzamentos de 2009 poñen o acento na asistencia ás persoas maiores, con discapacidade e dependentes, elevándose o gasto para cubrir as necesidades en servizos asistenciais para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.Nesta orientación, estes orzamentos priorizan as accións destinadas a educación, impulso da I+D+i e sociedade da información, mellora das infraestruturas do transporte, apoio á actividade empresarial e ampliación das ferramentas de financiamento empresarial, creación de emprego, servizos sociais e dependencia, transporte público, vivenda e sanidade, e favorecendo a igualdade entre homes e mulleres no traballo, cumprindo así cos compromisos contidos no acordo polo emprego no marco do diálogo social e no Acordo pola competitividade de Galicia 2008-2011.IIPolo que respecta ao marco xurídico, esta lei articúlase en seis títulos, que conteñen sesenta e un artigos, dez disposicións adicionais, unha disposición transitoria e cinco disposicións derradeiras.No título I, «Aprobación dos orzamentos e réxime das modificacións de crédito», determínase o ámbito de aplicación e o contido dos orzamentos xerais desta Comunidade, que, nos termos da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, está determinado polos orzamentos da Administración xeral, dos organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas, así como polos que corresponden ás sociedades e demais entes de dereito público.Así mesmo, neste título sublíñase o importe dos beneficios fiscais para 2009 e regúlanse os principios que rexen as modifi...Ver o contido completo deste documento
Enlaces patrocinados
Documentos citados
ver las páginas en versión mobile | web
ver las páginas en versión mobile | web
© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.
Contidos en vLex España
Explora vLex
Para profesionais
Para Socios
Outros documentos:
Marbella cierra la venta de la desaladora al Estado | Dos años de inhabilitación para el juez Francisco Serrano | 405646 Accion y Sistemas Outsourcing Sociedad Limitada. | 397798 Inversiones Ifigenia Mileniun Sl. | Processo nº 37611/026/96 de Tribunal de Contas do Estado de Sao Paulo 2ª Camara June 27 2000 | Acórdão nº 1998.01.00.082572-7 de Tribunal Regional Federal da 1a Região, Sétima Turma, October 10, 2005 | Acórdão nº 70024359010 de Tribunal de Justiça do RS 2ª Câmara Especial Cível June 17 2008 | Decisão Monocrática nº 70026396986 de Tribunal de Justiça do RS 2ª Câmara Especial Cível September 19 2008