Orde do 27 de febreiro de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para mellora-la formación, xestión e consolidación do asociacionismo agrario en Galicia e se convocan as axudas para o ano 2003.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 48, Luns 10 de Marzo de 2003I. Disposicións Xerais › CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

Enlazado como:

Extracto


Orde do 27 de febreiro de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para mellora-la formación, xestión e consolidación do asociacionismo agrario en Galicia e se convocan as axudas para o ano 2003.

O asociacionismo e o cooperativismo agrarios son instrumentos fundamentais que contribúen moi positivamente na continua modernización do sector agropecuario galego e na súa progresiva adaptación a un mercado cada vez máis amplo e esixente.

Numerosos estudios constatan que o apoio das administracións públicas favoreceu decisivamente o proceso investidor necesario para adapta-las entidades asociativas de carácter agropecuario á realidade actual, facéndoas máis competitivas e dotándoas dunha maior viabilidade e estabilidade económica.

En consecuencia, a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural considera interesante apoiar aquelas accións orientadas a incrementa-la formación cooperativa dos agricultores e gandeiros socios, así como a mellora-la xestión e os servicios prestados, mediante un maior coñecemento da súa realidade e posibilidades de futuro e a contratación do persoal necesario, xerando creación neta de emprego.

Así mesmo, a experiencia na xestión desta axuda, os resultados que se obtiveron durante o ano 2002 e a adecuación da orde de axudas á realidade actual obrigan a introducir modificacións puntuais que afectan fundamentalmente os condicionantes, criterios de valoración, conceptos subvencionables e contía económica das liñas de axuda establecidas.

Tendo en conta as modificacións citadas e para que a normativa sexa o máis comprensible posible, elabóranse de novo as bases reguladoras das axudas para mellora-la formación, xestión e consolidación do asociacionismo agrario en Galicia. Así mesmo, co inicio do exercicio orzamentario 2003, procede realiza-la convocatoria de axudas para este ano.

Por todo o exposto, en consonancia co establecido no artigo 30.I.1 e 3º do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Liñas de axuda.

1. Por esta orde, establécense as bases reguladoras das seguintes liñas de axuda:

a) Axudas para mellora-la formación cooperativa.

b) Axudas para a realización de auditorías, análises de xestión, estudios de viabilidade e estudios de mercado.

c) Axudas para a informatización.

d) Axudas para a contratación de persoal.

e) Axudas para actuacións relacionada...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía