RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario da licitación, para a adxudicación do contrato administrativo non suxeito a regulación harmonizada de servizo para a elaboración do Plan de xestión de risco de inundación da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, clave OH.088.937.SV, cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Contratación documentalmente simplificada.

SecciónVI. Anuncios
EmisorAUGAS DE GALICIA
Rango de LeyResolución
  1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

    1. Organismo: Augas de Galicia.

    2. Dependencia que tramita o expediente: contratación.

    3. Obtención de documentación e información:

      1) Dependencia: Augas de Galicia.

      2) Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

      3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

      4) Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

      5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

      6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

      7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

      http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

      Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://www.augasdegalicia.xunta.es

      8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

    4. Número de expediente: OH.088.937.SV.

  2. Obxecto do contrato:

    1. Tipo: contrato administrativo de servizo.

    2. Descrición: elaboración do Plan de xestión de risco de inundación da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

    3. Lugar de execución: Galicia.

    4. Prazo de execución: quince (15) meses.

    5. CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.

  3. Tramitación e procedemento:

    1. Tramitación: ordinaria da licitación.

    2. Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

    3. Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

  4. Valor estimado do contrato: 192.237,36 euros.

  5. Orzamento base de licitación:

    1. Importe neto: 192.237,36 euros. Importe total: 232.607,21 euros.

  6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

  7. Requisitos específicos do contratista:

    1. Clasificación: (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

    2. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase a solvencia polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e c) e 78.a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, nos termos que se expresan no prego...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR