DECRETO 227/2011, do 2 de decembro, polo que se aproba a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, desde a entrada no municipio de Pedrafita do Cebreiro ata o límite do termo municipal do Pino, coa excepción do tramo entre o lugar de Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla, no concello do Pino.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
Rango de LeyDecreto

O Camiño de Santiago, Camiño Francés ao seu paso por Galicia é un dos bens singulares máis sobranceiros, prezados e visitados dentro do conxunto do patrimonio cultural galego protexido. Está declarado ben de interese cultural desde 1962, coa categoría de conxunto histórico. En 1993 foi incluído na lista dos bens recoñecidos como Patrimonio da Humanidade e no ano 1997 recibe por parte do Consello de Europa o recoñecemento de Primeiro Itinerario Cultural Europeo. O Parlamento de Galicia, ao ano seguinte da promulgación da Lei do patrimonio cultural de Galicia, aproba a Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, que establece unha regulación específica para este ben e lle outorga a categoría de territorio histórico.

Segundo a Lei 3/1996, corresponde á Consellería de Cultura e Turismo a delimitación dos tramos do Camiño de Santiago, de conformidade co procedemento que se regula no seu artigo 5. En relación co Camiño Francés, a súa disposición transitoria primeira establece que mentres non se aprobe o expediente de delimitación, e sen prexuízo das zonas de protección legalmente establecidas, seguirá en vigor a delimitación da Resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental do 12 de novembro de 1992 pola que se concreta e define a delimitación do conxunto histórico do Camiño de Santiago (Camiño Francés).

A devandita resolución establece un tratamento diferenciado para o Camiño que discorre polo territorio do Concello de Santiago de Compostela, onde o delimita axustándose ao Plan Xeral de Ordenación Urbana vixente, e no que atinxe ao resto dos concellos, onde o conxunto histórico do Camiño Francés queda delimitado por referencia aos lindeiros das parroquias polas cales percorre algún dos seus tramos.

A fin de dar cumprimento ao mandato do lexislador, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, por Resolución do 30 de xullo de 2010 (DOG núm. 162, do 24 de agosto), incoa expediente para a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, coa excepción do tramo entre o lugar de Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla, no concello do Pino. Na mesma resolución disponse a apertura do trámite de información pública por un período de dous meses, o sometemento da nova proposta de delimitación do devandito ben de interese cultural a informe das comisións territoriais do Patrimonio Histórico das provincias da Coruña e de Lugo (nos tramos correspondentes aos municipios das respectivas provincias)...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR