Orde do 27 de decembro de 2010 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Extracto


Orde do 27 de decembro de 2010 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 437/2009, do 17 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 246, do 18 de decembro), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo previsto na disposición transitoria décimo cuarta do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de cinco (5) prazas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, polo sistema de acceso libre, polo procedemento de concurso-oposición.

O proceso selectivo constará dunha fase de oposición, unha fase de concurso e outra consistente na superación dun curso selectivo coas probas, puntuacións e materias que se sinalan nesta orde.

I.1.1. De conformidade coa disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e co Decreto 437/2009, do 17 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, do total de prazas do sistema de acceso libre reservarase unha (1) para ser cuberta por unha persoa con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

No suposto de que esta praza non se cubra, acumularase á cota do 7% da oferta seguinte, cun límite máximo do 12%. Así mesmo, no suposto de que algún aspirante con minusvalidez que se presente pola cota de reserva de discapacitados supere os exercicios correspondentes, pero non obteña praza, e a súa puntuación sexa superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía