DECRETO 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O artigo 27.19 do Estatuto de autonomía de Galicia atribúe á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de fomento da cultura e da investigación, sen prexuízo do establecido no artigo 149 da Constitución española. Así mesmo, o artigo 30.1 do Estatuto establece a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de fomento da actividade económica en Galicia, sen prexuízo das bases e a ordenación da actuación económica xeral do Estado.

As tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), polas súas características e a súa rápida implantación a escala global, están a provocar cambios significativos en moitos ámbitos e, de maneira especial, nos institucionais. O Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014 define un novo modelo socioeconómico dirixido á modernización de Galicia. As TIC deben servir como catalizadoras dos eixes marcados no Plan Estratéxico, ademais de como mecanismos facilitadores da cohesión social, da calidade de vida da cidadanía galega e da xeración de emprego de calidade, impulsando, así mesmo, unha administración austera, eficiente e próxima á cidadanía. En resposta a esta estratexia aprobouse no Consello da Xunta, do 17 de xuño de 2011, a Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.

Por medio deste decreto, e en desenvolvemento da liña estratéxica L3: Cidadanía dixital, no seu punto L3-P3: Programa de acreditación de competencias dixitais, da Axenda Dixital 2014.gal, créase a certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Esta certificación ten como obxectivo fundamental o fomento do uso das tecnoloxías da información e as comunicacións mediante o apoio e recoñecemento dos esforzos realizados para a adquisición de capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.

O decreto regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, como mecanismo normalizado de certificación por parte da Administración pública, e garante a calidade dos coñecementos, destrezas e capacidades que as persoas precisan no manexo de aplicacións informáticas na xestión da información e a documentación. Ademais, crea o Rexistro das certificacións galegas de competencias dixitais en ofimática, co fin de simplificar a xestión da certificación e facilitar o seu arquivo e control.

Estrutúrase en doce artigos, agrupados en tres capítulos, cunha disposición adicional, dúas disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e dúas derradeiras.

O capítulo I regula as disposicións xerais.

O capítulo II regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

O capítulo III regula o Rexistro de certificacións galegas de competencias dixitais en ofimática.

De conformidade co exposto, en uso das facultades atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de novembro de dous mil once,

DISPOÑO:

Capítulo IDisposicións xerais

Artigo 1 Obxecto.
  1. Este decreto ten por obxecto regular a certificación galega de competencias dixitais en ofimática e establecer os requisitos para a súa obtención. Así mesmo, crea o Rexistro de certificacións galegas de competencias dixitais en ofimática co fin de simplificar a xestión da certificación e facilitar o seu arquivo e control.

  2. Para os efectos deste decreto enténdese por certificación galega de competencias dixitais en ofimática (en diante, certificación) o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR