DECRETO 42/2014, do 27 de marzo, polo que se modifica o Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O artigo 33.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1983, do 6 de abril, atribúe á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia de desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de sanidade interior.

O Real decreto 1634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de traballo, industria, comercio, sanidade, cultura e pesca, no seu artigo 33.g), transfire á Xunta de Galicia o outorgamento da autorización para a creación, construción, modificación, adaptación ou supresión de centros, servizos e establecementos sanitarios de calquera clase ou natureza, incluídos os balnearios e as entidades do seguro libre de asistencia médico-farmacéutica.

Mediante o Real decreto 1277/2003, do 10 de outubro, establecéronse as bases xerais do procedemento de autorización, así como unha clasificación, denominación e definición común para todos eles, creando o catálogo e rexistro xeral, con independencia da súa clase ou natureza.

Como consecuencia do anterior, ditouse o Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios, que contén a normativa autonómica aplicable na materia.

Con base na experiencia adquirida desde a súa entrada en vigor, a realidade existente e a análise efectuada, obxectívase a necesidade de modificar a regulación actual no que atinxe á tramitación das autorizacións relativas a centros, servizos e establecementos sanitarios, de conformidade cos principios e criterios establecidos a nivel supranacional que, aínda que non aplicables en toda a súa extensión á materia que nos ocupa, reflicten a tendencia a favorecer a liberdade de prestación de servizos e a liberdade de establecemento no mercado interior, así como a simplificar no posible os procedementos que teñan que ver co exercicio daquelas liberdades. Por outra banda, a modificación tamén responde ao recollido nos artigos 39 bis e 71 bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, engadidos pola Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, que implica a redución das cargas administrativas e dos prazos legais efectivos na tramitación dos procedementos regulados.

Para acadar o antedito, debe procederse á simplificación dos procedementos administrativos canto á tramitación das autorizacións reguladas modificando a redacción actual do artigo 5, número 1, dos artigos 9 e 10, e o parágrafo 1 do número 1 do artigo 18, así como dos anexos de solicitude das ditas autorizacións. Suprímense o número 1 do artigo 7, o número 3 do artigo 8 e o número 2 do artigo 13.

Mediante a simplificación de trámites, contribúese a facer da Administración unha organización máis áxil, menos burocratizada e, por tanto, máis económica e austera. Redúcense de forma considerable os tempos de resolución dos expedientes administrativos, adaptándoos ás distintas situacións que se dan na realidade, e permítese á cidadanía e ás empresas aforrar en tempos de espera. Así mesmo, a Administración pode cumprir estritamente cos tempos marcados no procedemento administrativo para resolver e, ao mesmo tempo, manter un control dos centros, servizos e establecementos, unha vez autorizados.

Nesta mesma liña de simplificación da relación entre o cidadán e a Administración facéndoa máis áxil e fluída, elimínase a posibilidade de presentación das distintas solicitudes de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR