Orde do 2 de outubro de 2006 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de finanzas da Xunta de Galicia.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 196, Martes 10 de Outubro de 2006IV. Oposicións e Concursos › CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Enlazado como:

Extracto


Orde do 2 de outubro de 2006 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de finanzas da Xunta de Galicia.

Segundo establece o artigo 27 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, o concurso constitúe o sistema normal de provisión de postos de traballo vacantes na Administración.

Esta consellería, de conformidade co establecido na citada lei, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normas concordantes, acorda convocar este concurso de méritos para a provisión dos postos de traballo vacantes das escalas de finanzas da Xunta de Galicia, creadas pola Lei 15/1991, do 28 de decembro (DOG do 30 de decembro) dotados orzamentariamente, que se relacionan no anexo I desta orde de conformidade coas seguintes bases:

I. Requisitos de participación.

I.1. Só poderán participar neste concurso os funcionarios/as das escalas superior e técnica de finanzas da Xunta de Galicia que reúnan os requisitos exixidos para desempeñar os postos aos que se opta conforme o especificado en cada caso no anexo I desta convocatoria, salvo aqueles que leven menos de dous anos desempeñando un posto definitivo obtido por concurso, de conformidade co disposto no artigo 27 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Os funcionarios/as que accedesen ás escalas de finanzas da Xunta de Galicia por promoción interna e permanecesen no posto de traballo que desempeñaban, computaráselles o tempo de servizos prestados no dito posto no corpo de procedencia para os efectos do disposto no parágrafo anterior.

Non poderán participar neste concurso aqueles funcionarios/as en destino provisorio como consecuencia da resolución dos procesos selectivos convocados polas ordes do 10 de decembro de 2002 (DOG do 20 de decembro).

I.2. Están obrigados a participar neste concurso os funcionarios/as...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía