Orde do 23 de xaneiro de 2006 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elección de destino provisional polos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 27, Mércores 8 de Febreiro de 2006IV. Oposicións e Concursos › CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Enlazado como:

Extracto


Orde do 23 de xaneiro de 2006 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elección de destino provisional polos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004.

Pola Orde do 29 de decembro de 2004 (DOG nº 253, do 30 de decembro) convocáse proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios.

Unha vez publicada a relación de aprobados por resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 7 de decembro de 2005 (DOG nº 243, do 21 de decembro), e co obxecto de que os aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de veterinarios, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Abrir o prazo para a elección de destino provisional mediante instancia que se axustará ao modelo que se publica como anexo I a esta orde, podendo elixir, segundo a orde acadada no proceso selectivo, entre os postos que se relacionan no anexo II desta orde sempre que se reúnan as condicións exixidas nel, indicando por orde de preferencia os destinos que se solicitan.

Segundo.-A presentación de solicitudes farase nas oficinas do rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse ao titular da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

As solicitudes que conteñan emendas, riscaduras ou outras marcas que non permitan identificar os

postos de traballo obxecto de elección consideraranse como non solicitados.

Terceiro.-De conformidade co establecido na base IV.6 da orde de convocatoria, os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, terán preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre. Así mesmo, poderán tomar posesión da praza que viñesen desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos exixidos na relación de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionario pertencente ao corpo/escala ao que acceda de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, unha vez superado o proceso selectivo, as persoas que ingresen en corpos ou escalas de funcionarios ou categorías de persoal laboral da Administrac...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía