Resolución do 3 de marzo de 2006 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso na escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade polo sistema de promoción interna.

Extracto


Resolución do 3 de marzo de 2006 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso na escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade polo sistema de promoción interna.

Ao existiren prazas de adscrición indistinta aos grupos A e B da escala de facultativos de arquivos, de bibliotecas e museos e da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, que están ocupadas por funcionarios do grupo B, co fin de posibilitar a promoción de persoal, mantendo os seus propios postos de traballo, de acordo co artigo 22 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e de conformidade co disposto nos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio, da Xunta de Galicia.

A reitoría, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para o ingreso na escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, polo sistema de promoción interna, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir 14 prazas da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, pola quenda de promoción i...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía