Resolución do 9 de febreiro de 2010 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de publicacións, grupo I, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, vacante no cadro de persoal desta universidade.

Extracto


Resolución do 9 de febreiro de 2010 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de publicacións, grupo I, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, vacante no cadro de persoal desta universidade.

O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei 4/2007, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir unha praza da categoría de técnico superior de publicacións, do grupo I, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria,

Primeira.-Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza vacante na categoría de técnico superior de publicacións do grupo I, do convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

1.2. Os procesos de selección de promoción interna e de acceso libre realizaranse separadamente, e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre.

1.3. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso.

1.4. O sistema de selección da persoa aspirante será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ao que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.5. A adxudicación da praza á persoa aspirante que supere o proceso selectivo, efectuarase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I.

1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

1.7. Estas probas selectivas axustaranse ao disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, doEestatuto básico do empregado público, na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia; na Lei 2/2009, do 23 de xuño, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia; no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía